Ola familias!
Paso por aquí para ensinarvos a marabilla de instrumentos que crearon as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria!
Este traballo enmárcase dentro do proxecto desenvolvido na aula "Construamos instrumentos musicais" co obxectivo de desenvolver habilidades e destrezas na execución dos mesmos e favorecendo diversas formas de expresión (canto, esquemas rítmicos e melódicos, lecturas musiciais sinxelas bailes e representacións).
E como podedes ver foi todo un éxito!! Maracas, tambores, chócalos, frautas, chinchines, palo de chuvia...vaia, que podemos facer unha orquestra ;)
Aquí vos quedan as fotiños do marabilloso resultado.
Seguimos!