Taboleiro

PROTOCOLO ATENCIÓN FAMILIAS NO RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DO CURSO 2020-21

  RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretarína Xeral Téncnica da Consellería de Presidencia, Administraciónns Públicas e Xustiza, pola que se dan publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinaciónn Operativa da situaciónn de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

 

NO RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DO CURSO 2020-21 establécense os seguintes prazos e o seguinte PROTOCOLO de seguridade;

1.A presentación da solicitude de admisión:

•O prazó abranguerá dende o día 11 ata 18 (ámbolos dos inclusive).

•No horario de 9-14h.

•Poderá facerse:

                *vía online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

                *presencialmente, no propio centro, con cita previa (prégase unha única persoa para  presentar unha solicitude)

1.Cómo solicitar a cita previa:

•881880609 (en horario de 9-14 h. de luns a venres)

1.Cando acudas ao Centro:

•O centro establecerá as medidas para garantir a seguridade das familias e do persoal docente e limpeza.

•Solicitamos acudan con mascarilla e unha única persoa para realizar a solicitude.

•Na administración do centro atenderase dende a fiestra da mesma.

OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES

A Presentación da documentación acreditativa para o baremo será ata o 26 de maio.

•A Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 9 de xuño.

•A Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido o  26 de xuño.

 

•O Prazo de formalización de matrícula do 1-10 de xullo

QUÉDATE NA CASA!!!

Estimadas familias e alumnado, dende o centro, sabedores das dificultades que esta problemática acarrea, quixemos facer este pequeno video para animar un chisquiño. Premede na imaxe:

REPARTO DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E ORDENADORES

Estimadas familias e alumnado, como ben sabedes, onte venres 18 procedeuse  ao reparto de libros, material escolar e ordenadores GRAZAS  ao SERVIZO  DE "MOTEROS VOLUNTARIOS"  e Protección Civil, coordinado polo Concello de Culleredo. 

 

En representación da comunidade educativa do CEIP Isaac Díaz Pardo  queremos mostrar o noso agradecemento a todos e todas os que colaboraron neste reparto: a todos e todas  os "moteros" e "moteras", a Protección Civil e en especial a Ana, que dende o concello artellou esta actividade. GRAZAS!!

Aproveitamos para felicitar ás familias pola colaboración nestes difíciles momentos e animar aos nenos e nenas para que sigan sendo tan responsables e comprensivos, cumplindo as normas establecidas polas autoridades e mantendo un ritmo de traballo positivo.

Queda un día menos para á volta á normalidade. Ánimo!!!

PADLET VACACIÓNS

Estimadas familias e alumnado, nesta situación excepcional que estamos a vivir, debemos adicar tempo ao traballo, non perder as nosas rutinas habituais, pero temén destinar tempo ao descanso e ocio. Conscientes diso, para estas vacacións NON HABERÁ DEBERES.

O profesorado do CEIP Isaac Díaz Pardo no afán de colaborar coas familias e alumnado, intentando facer que o tempo nas casas sexa máis levadeiro e proveitoso, fixemos esta selección de contidos para que desfrutedes en familia.  #osdoisaacdiazpardoquedamosnacasa

Unha aperta moi grande e a desfrutar:

 

 


 

 

 

AXUDAS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

No DOG do luns 30 de marzo de 2020 saíu a convocatoria de axudas para compensar ás familias usuarias do servizo de comedor da Xunta de Galicia, que estaban bonificadas como usuarios gratuítos e usuarios de pago de 1€.

Non se oferta para os usuarios de pago bonificado de 2,50€ nin para os de pago do prezo completo de 4,50€.

1. A que persoas van dirixidas?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou1€ polo mesmo.

2. En que consiste a axuda?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.

3. Que axuda se vai a percibir?

(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total

(1,50 €) para o alumnado que paga 1€

4. Que días cubre esta axuda?

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.

Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.

Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio

(non incluído por ser festivo)

5. Como se vai a pagar?

En dous pagamentos.

1º pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

2º pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

6. Como presentar a solicitude e que prazo hai?

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:

A.-Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal (a partir do día 31 de marzo).

Para iso é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

B.- En caso de non dispoñer de certificado dixital ou chave 365: no centro: enviando un correo electrónico a ceip.diaz.pardo@edu.xunta.es cos seguintes datos:

- DNI do pai ou nai

- Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€

- Nome do alumno/a

- Nome do pai/nai

- Número de conta bancaria

Ou chamando ao teléfono: 881 880608 en horario de 10 a 13 horas.

7. Publicarase a resolución das familias beneficiadas?

NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria

NOVOS BLOGUES

Estimadas familias e alumnado, como xa sabedes, dende o pasado día 16 e ata novo aviso estamos a traballar de xeito telemático, polo que vos recordamos que calquera consulta ao centro pode facerse ao correo do cole: ceip.diaz.pardo@edu.xunta.es ou nos seguintes teléfonos:

Dirección e Departamento de Orientación...... 881880608  // 881880611

Xefatura de Estudos....... 881880610

Secretaría e Administración... 881880612

 

Comunicámosvos que aos blogues existentes, e que  foron recibidos moi ben, engádense os seguintes:

 

BLOG DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL ( MESTRAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE)...  

http://estimulandoqueesgerundio.blogspot.com

 

BLOG DA AULA DE EDUCACIÓN MUSICAL (MESTRA DE EDUCACIÓN MUSICAL)...

 

https://musicaviralnoisaac.blogspot.com/?m=1

 

BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA

 https://efcolexiodiazpardo.blogspot.com/

 

Ánimo, sede responsables e saúdos.

 

Mantéñense os blogues xa exixtentes:

4º Educación Infantil (3 anos)….. https://naclasedecolorinesiii.blogspot.com

 

5º Educación Infantil  A (4 anos)….. https://naclasedecolorinesiii.blogspot.com

 

5º Educación Infantil  B (4 anos)….. https://naclasedecolorinesiii.blogspot.com

 

6º Educación Infantil  A (5 anos)….. https://obloguede5anos.blogspot.com/?m=1

 

6º Educación Infantil  B (5 anos)….. https://obloguede5anos.blogspot.com/?m=1

 

1º Educación Primaria A….. https://primeiroisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

1º Educación Primaria B….. https://primeiroisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

2º Educación Primaria A…..  https://clasedetere2a.blogspot.com/

 

2º Educación Primaria B…..  https://clasedemaite2b.blogspot.com/

 

 

3º Educación Primaria A…..  https://terceiroidp.blogspot.com/?m=1

 

3º Educación Primaria B…..  https://terceiroidp.blogspot.com/?m=1

 

4º Educación Primaria A…..  https://silviayamalia.blogspot.com/

 

4º Educación Primaria B….. https://silviayamalia.blogspot.com/

 

5º Educación Primaria A….. http://sextoadiazpardo.blogspot.com/

 

5º Educación Primaria B…..  http://naescola.enredo.eu/

 

6º Educación Primaria A….. https://6ceipisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

6º Educación Primaria B….. https://6ceipisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

6º Educación Primaria C….. https://6ceipisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

 

BLOGS PARA O TRABALLO NAS CASAS

Estimadas familias,  dende a Xunta de Galicia ordénase a suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario así como as actividades extraescolares organizadas polo Anpa Carcabelos.

 

Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

 

Dende o centro e para mantervos comunicados cos titores e titoras dos vosos fillos e fillas utilizaremos BLOGs. Dende aí iránsevos "colgando" diariamente as actividades e tarefas que deben realizar os nenos e nenas  para non perder o ritmo, e incorporarnos, o máis axiña posible, ás aulas de novo.

 

Sede responsables e distribuide as tarefas, ao longo do día, deste xeito seravos maís amena a estancia nas casas.

 

Podedes acceder aos blogs onde se recolle o traballo do alumnado clicando nos enlaces que aparecen a continuación:

 

 

 

 

4º Educación Infantil (3 anos)….. https://naclasedecolorinesiii.blogspot.com

 

5º Educación Infantil  A (4 anos)….. https://naclasedecolorinesiii.blogspot.com

 

5º Educación Infantil  B (4 anos)….. https://naclasedecolorinesiii.blogspot.com

 

6º Educación Infantil  A (5 anos)….. https://obloguede5anos.blogspot.com/?m=1

 

6º Educación Infantil  B (5 anos)….. https://obloguede5anos.blogspot.com/?m=1

 

 

1º Educación Primaria A….. https://primeiroisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

1º Educación Primaria B….. https://primeiroisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

2º Educación Primaria A…..  https://clasedetere2a.blogspot.com/

 

2º Educación Primaria B…..  https://clasedemaite2b.blogspot.com/

 

 

3º Educación Primaria A…..  https://terceiroidp.blogspot.com/?m=1

 

 

3º Educación Primaria B…..  https://terceiroidp.blogspot.com/?m=1

 

4º Educación Primaria A…..  https://silviayamalia.blogspot.com/

 

4º Educación Primaria B….. https://silviayamalia.blogspot.com/

 

5º Educación Primaria A….. http://sextoadiazpardo.blogspot.com/

 

5º Educación Primaria B…..  http://naescola.enredo.eu/

 

6º Educación Primaria A….. https://6ceipisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

6º Educación Primaria B….. https://6ceipisaacdiazpardo.blogspot.com/

 

6º Educación Primaria C….. https://6ceipisaacdiazpardo.blogspot.com/

ADMISIÓN ALUMNADO 2020/2021

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021. SORTEO LETRAS ORDE APELIDOS

Xúntase a Resolución de 26 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "E" e "X".

 

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade

 

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión

 

RECÓRDASE 

  • Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

    O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

    Tal como queda reflectido na dita Orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.

    Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

    Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

    Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.