REPARTO DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E ORDENADORES

Estimadas familias e alumnado, como ben sabedes, onte venres 18 procedeuse  ao reparto de libros, material escolar e ordenadores GRAZAS  ao SERVIZO  DE "MOTEROS VOLUNTARIOS"  e Protección Civil, coordinado polo Concello de Culleredo. 

 

En representación da comunidade educativa do CEIP Isaac Díaz Pardo  queremos mostrar o noso agradecemento a todos e todas os que colaboraron neste reparto: a todos e todas  os "moteros" e "moteras", a Protección Civil e en especial a Ana, que dende o concello artellou esta actividade. GRAZAS!!

Aproveitamos para felicitar ás familias pola colaboración nestes difíciles momentos e animar aos nenos e nenas para que sigan sendo tan responsables e comprensivos, cumplindo as normas establecidas polas autoridades e mantendo un ritmo de traballo positivo.

Queda un día menos para á volta á normalidade. Ánimo!!!