Skip to Content

Novas

ESTATUTOS ANPA, borrador

NOTA INFORMATIVA

A ANPA do CEIP de Tebra informa a tódolos pais/nais de alumn@s deste centro, que pasados os 4 anos da elección da actual Directiva,  procederase a elexir unha nova, como establece o artigo 17 dos estatutos da ANPA.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en presentar unha candidatura, poderán facelo dende hoxe martes 13 de setembro, ata o vindeiro venres, 16 de setembro,  na secretaria do centro.

Asemade, convocamos a tódolos pais/nais de alumn@s  a unha asemblea ordinaria o vindeiro venres, dia 16 de Setembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Santa María de Tebra, coa seguinte orde do día:

1.      Lectura e aprobación da acta anterior , se procede.

2.     Estado de contas.

3.     Presentación de candidaturas para a Xunta Directiva.

4.     Eleccións para a renovación da Xunta Directiva .

5.     Rogos e preguntas.

Dada a importancia desta reunión rógase máxima asistencia (a ANPA somos tódolos socios e o importante son os nosos fillos).

excursión a Bracalandia

O pasado 17 de maio, a ANPA do centro propuso una saída de convivencia para todas as familias do centro, e foron moitas as que participaron. Aqui poden ver unha pequena mostra.

Esta rematando o curso e para o vindeiro 22 de xuño preparan a grande festa de despedida, coma outros anos, con comida e atraccións gratuitas para as nenas e nenos socios. Ademais será a despedida da actual presidenta.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut