Skip to Content

AULA MATINAL

                AULA MATINAL
Cústache conciliar o horario laboral coas clases do teu fillo ou filla? Pois agora tes a disposición a aula matinal!
Este servizo da ANPA, cubre de 8 a 9 da mañá, para aquelas familias máis madrugadoras que non teñan con quen deixar ós peques da casa. Unha hora que pode estar destinada a diversos usos:
-Lectura/contacontos para os mais cativos
-Debuxo/pintura
-xogos de mesa(parchís, xadrez, dominó etc)
-Xogos populares(adiviñas, o pano por detrás, etc)
-Hora de estudo para os maiores no caso de ter exame.
Trátase de darlle cobertura ás familias e que os rapaces e rapazas aproveiten esa hora, adicándoa a algo que a eles lles guste e non se lles faga pesado antes de iniciar as súas clases lectivas. As  actividades a realizar dependerán da capacidade e apetencia das nenas e nenos, sempre tratando de aportarlles unha hora útil.



page | by Dr. Radut