Skip to Content

Orientación

Plan dixital familiar.

Compartimos con vos, familias, as seguintes recomendacións da Asociación Española de Pediatría sobre o uso de pantallas.

Esta información xa foi traballada na 1ª sesión da escola de familias que tivo lugar no cole, coa colaboración da Asociación Érguete Baixo Miño.

Esperamos vos sirva de axuda.

 

 

1ª sesión escola de familias

Recordade que o luns temos unha cita na biblioteca, na 1ª sesión da escola de familias.

Contaremos con servizo de gardería para aquelas familias que o precisen.

Esperámosvos!

 

 

 

Recomendacións de xoguetes.

Bo día familias!

Achegóvos a segunda publicación da Escola de nais e pais virtual.

Nesta ocasión, comparto con vós unhas recomendacións de xoguetes que lle podedes pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos neste Nadal para os vosos fillos e fillas.

Espero que sexa do voso agrado e interese :)

 

 

Escola de nais e pais.

Bo día familias!

Durante es curso, dende o Departamento de orientación, publicaremos unha serie de dípticos sobre diferentes temáticas de maneira quincenal.

Estos dípticos son moi sinxelos e rápidos de ler e pretenden axudarvos no día a día ante aspectos que ás veces, vos resultan difíciles de afrontar, segundo nos comentades nalgunhas titorías.

Nesta primeira publicación, adicamos este espazo a "Pautas educativas básicas".

Para acceder ao díptico podedes premer no texto subliñado ou ir aos documentos adxuntos desta publicación. A orde de lectura das páxinas é segundo a numeración de cada unha arriba no centro, dentro dun círculo (este documento é un díptico, polo que está pensado para imprimir a dúas caras e doblar).

Agardamos vos sexan de axuda e podedes escribir en comentarios temáticas que vos interesen para facer as seguintes publicacións.

Un saúdo a todos e a todas :)

Departamento de orientación curso 2023/2024.

Benvidos e benvidas ao curso 23/24!

Durante este curso o Departamento de orientación estará formado por:

  • 1 mestra de Pedagoxía Terapéutica a tempo completo no centro.
  • 1 mestra de Audición e Linguaxe compartida co CEIP de Sobrada, que acude ao noso centro os luns e mércores.
  • 1 orientadora compartida co CEP Pedro Caselles, que acude ao noso centro os luns, martes e venres.

 

Dia Internacional da dislexia: 8 de outubro.

 

 

Un dos trastornos de aprendizaxe máis comúns que afecta aos nenos e nenas en idade escolar é a Dislexia. Por isto, o 8 de outubro se celebra o Día Internacional da Dislexia, para concienciar á persoas acerca deste trastorno que afecta ao 10% da poboación mundial, según a Organización Mundial da Saúde (OMS).

 

¿Qué é?

Non todos presentan as mesmas características, nin na mesma intensidade, pero a dislexia pódese definir coma:

Unha dificultade conxénita, hereditaria, con unha base neurolóxica que a menudo forma parte dun problema de linguaxe máis profundo. Non pode ser explicada por deficiencias visuais ou auditivas, por trastornos emocionais ou condutuais, por déficit cognitivo, nin por situacións educativas como: ausencias prolongadas ou repetidas ás clases.

Ademáis das dificultades na linguaxe escrita, poden verse afectados outros aspectos, tales como: dificultades para seguir instruccións, confusión co vocabulario de orientación espacial e temporal, dificultades asociadas á discalculia (dificultade para realizar operacións matemáticas) e, en xeral, lentitude no el procesamento da información.

Como efectos secundarios, os nenos e nenas poden manifestar outros problemas coma: a falta de confianza, baixa autoestima, ansiedade, frustración, trastornos do sono...

 

¿Existen asociacións?

En Galicia contamos coa Asociación AGADIX, experta neste ámbito.

 

¿Qué facemos na escola?

A Consellería de educación elaborou un PROTOCOLO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON DISLEXIA E/OU DIFICULTADES DE APRENDIZAXE.

 

¿Qué recursos existen?

Podedes atopar recursos para a dislexia no seguinte enlace: PREME AQUÍ.

 

MI HERMANITO DE LA LUNA

REFORZO POSITIVO

PARA SER FELIZ NO HAY QUE SER IGUAL

Distribuir contido


by Dr. Radut