Skip to Content

Alumnado

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO

Tal como se reflexa no PC (3.5 Estructura organizativa) o alumnado dispón das seguintes canles de participación:
a)  A nivel de aula: Asemblea de clase e  delegados.
b) A nivel de centro: Xunta de delegados e a posibilidade de asistir dous representantes deste ó Consello Escolar, por invitación deste último ou mediante unha solicitude do primeiro.
DELEGADOS:
 Ao principio de curso cada clase de primaria e infantil elixirá un delegado/a e un subdelegado/a. O subdelegado substituirá ó delegado en caso de ausencia ou enfermidade deste e o apoiará nas súas funcións. Cada delegado/a terá un caderno onde tomará nota dos temas tratados nas asambleas de clase e nas Xuntas de delegados/as.
ASEMBLEA DE CLASE:
Cada titoría organizará as reunións de clase coa periodicidade que o seu profesor/a titor/a considere oportuno, tendo en conta a idade do alumnado, as características e a dinámica que se estableza no grupo-clase.
XUNTA  DE DELEGADOS/AS:
A xefatura de estudios organizará a reunión do Xunta de delegados cunha periodicidade mínima trimestral e sempre que o considere oportuno. Cando na Xunta de delegados deba tratarse algún tema que requira da participación de todo o alumnado o/a xefe/a de estudios informará previamente ós/ás delegados/as, para que estes/as poidan tratar o tema nunha asamblea de clase.

A xunta de delegados 2019-2020

A xunta de delegados 2018-2019

AS XUNTAS DE OUTROS CURSOS

a consticentro:

Distribuir contido


by Dr. Radut