Skip to Content

Blogues

TURONIA 2024!

 

O pasado 6 e 7 de xuño, o alumnado de sexto de educación primaria realizou o xa clásico Turonia na edición 2024. Esta actividade xuntou aos cinco coles de Sobrada, Tebra, Barrantes, Caselles e Goián para realizar a actividade do Turonia.

O xoves, na primeira xornada, o alumnado realizou unha ruta en bici saíndo do colexio Pedro Caselles ata chegar ao punto de inicio da andaina do día, a Chan do Cereixo. Ao mediodía xantouse no Gampuzana, onde se realizaron actividades de orientación. Finalmente, a andaina proseguiu ata o colexio de Barrantes, onde rematou a primeira xornada, iso si, despois de instalar as tendas de campaña e ter unha xornada musical para rematar o día.

O segundo día iniciou coa ruta en bici, saíndo de Barrantes, que nos levou ata Goián. Despois de facer unha parada para merendar, onde realizamos actividades como o slackline ou a análise de macroinvertebrados. Finalmente, rematou a tarefa de Turonia coa actividade de piraguas, onde o alumnado rematou indo a ruta de bici ata o colexio Pedro Caselles. Esta xornada foi moi activa para todo o alumnado, sendo un éxito na participación de todos, como punto para despedir de forma activa o curso 2023-2024.

Ademais, os máis pequenos do cole tamén fixeron unha saída o venres 7 para conmemorar o mini Turonia, onde realizaron unha ruta circular nas inmediacións do colexio de Tebra.

XORNADA DE ATLETISMO PARA 5º CURSO

 

O 23 de maio o alumnado de 5º participou na xornada intercentros de atletismo organizada pola agrupación AGRUDEBAM e os centros educativos (Tebra, Caselles, Altamira, Goián, etc). O alumnado participou en diferentes especialidades das disciplinas do atletismo:

- Relevos 4x60m.

- Velocidade 60m.

- Lanzamento de peso (2kg).

- Lanzamento de vortex.

- Salto de lonxitude.

Foi unha xornada marcada polo bo tempo e onde todo o alumnado puido participar de forma activa :D

GOODBYE JOSHUA!

Grazas por estes dous cursos ensinándonos a lingua inglesa e a cultura do teu país!

 

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO EN INGLÉS

Esta semana o noso alumnado de 4º curso recibiu con gran ilusión as cartas de resposta á correspondencia en lingua inglesa que enviaron ó alumnado de 4º curso de Educación Primaria do CEP Pedro Caselles Beltrán. 

 

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA CON PAZOS DE REIS

Este luns 29 de abril recibimos no centro ao cole de Pazos de Reis co que o noso alumnado de 3º e 5º de primaria realizou unha xornada deportiva onde ambas escolas xogaron xuntas. A actividade serviu para coñecer a novos nenos/as e desfrutar a través dos diversos deportes practicados. ghmghmdgdrg

FIGHTING GAMES

O xoves 4 de abril o alumnado de 4º participou nunha nova xornada deportiva do Programa XOGADE.

Gracias a organización de AGRUDEBAM, máis de 200 nenos e nenas disfrutaron de Xogaloita no Pavillón Deportivo de Goián.

O longo da mañá participaron en diferentes xogos de iniciación á Loita e o Judo, que xa practicaran nas clases de Educación Física: Volta á tortilla, Loita de xeonllos, Roubar o balón, Coller a cola de cabalo ou Sogatira.

Un fermoso encontro deportivo para o alumnado de 7 centros escolares de Tomiño, O Rosal, Gondomar e Salceda de Caselas.

Vídeo e notas de prensa:

https://www.youtube.com/watch?v=oqyJvlA9Fwc

https://www.comarcasnarede.com/comarcas/baixo-mino/tomino/mais-de-220-escolares-de-primaria-acheganse-a-loita-en-goian/

https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/04/09/ninos-baixo-mino-forma-gracias-100797659.html

 

HAPPY EASTER!

Para celebrar a Pascua, decoramos ovos de pascua e fixemos unha búsqueda por todo o patio. Todo o alumnado, dende EI ata 6ºEP levou un ovo para casa!

 

23 de febreiro, Día de Rosalía

Preme na imaxe para escoitar o poema

 

 

O alumnado de 4º e 6º realiza a primeira xornada de multideporte!

 

O alumnado de 4º e 6º realizou o a primera xornada de multideportes no CEIP de Barrantes o 29 de xaneiro de 2024. 

Foi un encontro moi enriquecedor no que o alumnado participou en diferentes deportes.

Xa con ganas de que chegue a próxima!

 

 

 

  

 

 

 

SPELLING CONTEST 4th, 5th, 6th

Á volta de Nadal realizamos un concurso de deletreo en Inglés nas clases de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Noraboa a todos os e as participantes! 

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut