Skip to Content

Tests Antíxenos

Protocolo para a detección de Covid-19 con test rápido de antíxeno en saliva

Que é?

Durante un período estimado de dúas semanas (as dúas semanas da volta ás aulas despois das vacacións) a Consellería de Sanidade a través dos centros educativos proporcionará de xeito gratuíto tests de antíxenos en saliva que os alumnos/as realizarán no seu domicilio.

Esta estratexia poderá ampliarse en función da evolución da pandemia.

 

 

Para quen é?

Poderá solicitar o test de antíxenos o alumnado da etapa de Educación Primaria tras a detección dun caso esporádico de COVID-19 dentro da súa rede de contactos mais próximos dentro da aula ou comedor e que cumpra os seguintes requisitos:

  • Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19
  • Non atoparse en situación de corentena
  • Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos

 

Como se utilizan os tests?

Paso 1 - Preparación para a recollida da mostra de saliva

  • Antes de comezar, asegurarse de que o/a neno/a cumpra as seguintes condicións: non comer, beber, cepillar os dentes nin mascar chicle polo menos 30 minutos antes da recolección de saliva.
  • Non deixar caer o hisopo nin depositalo sobre ningunha superficie. Isto contaminaría o hisopo e podería causar un mal resultado da proba.
  • O/a neno/a deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable ou no oco do brazo se non dispón de pano.

Paso 2 – Recollida da mostra de saliva

  • A recollida dunha mostra de saliva pode tomar de 2 a 5 minutos.
  • Antes de cuspir, pechar a boca, relaxarse e fregar intensamente as fazulas durante 40 segundos para xerar saliva.
  • Colocar a parte superior do embude preto da parte inferior dos beizos e comezar a depositar a mostra de saliva cuspindo no tubo.
  • Recoller 0,5 ml da súa saliva no tubo. Trate de evitar as burbullas.

Paso 3 – Pre-tratamento da mostra

  • Sobre a saliva do/a neno/a, agregar o líquido tampón no tubo de recolección de saliva (2/3 do vial do tampón). Empregue o contagotas se é necesario.
  • Tapar o tubo de recollida de saliva de forma segura.
  • Despois de tapar o tubo de recolección de saliva, darlle a volta tres veces para mesturar a mostra co líquido do tubo.
  • Esperar 3 minutos.

Paso 4 – Carga da mostra no casete de proba

  • Rachar a bolsa de papel de aluminio para abrir, sacar o casete de proba e colocalo en horizontal nunha superficie plana.
  • Retirar a tapa superior do tubo de recolección de saliva. Premer suavemente para poñer 3-4 pingas da mestura da mostra na rexión de mostra (S) do casete de proba.

Paso 5 – Lectura dos resultados

  • Esperar 10-15 minutos, ler o resultado despois de 15 minutos. Non ler os resultados despois de 30 minutos.

 

Como se interpreta o resultado do test?

 

 

A intensidade de cor das liñas pode variar. Calquera ton de cor na rexión da liña de proba debe considerarse como resultado positivo.

 

Mais información clicando neste enlace 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut