Skip to Content

Alerta escolar

ALERTA ESCOLAR

      Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos a través da coordinación entre o profesorado e a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nos seguintes casos:

 

  • Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos normalmente alimentarios.
  • Crises comiciais (epilepsia nas súas diferentes formas).
  • Crises diabéticas (en xeral, hipoglucemias).

 

      Para inscribirse no programa, é necesario presentar no centro o formulario cuberto xunto cun informe médico.

 

      Mais información sobre o funcionamento e xeito de inscripción na páxina web da Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia. Pódese acceder dende o seguinte enlace:

      Urxencias Sanitarias de Galicia 061 – Alerta Escolar

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut