Skip to Content

Fondolibros

LISTAXE DEFINITIVA DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023 - 2024

Xa está publicada a listaxe definitiva de fondo solidario de libros para o vindeiro curso no taboleiro do colexio.

Os beneficiarios/as de axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar poden pasar a recollelos os días 10 e 11 de xullo en horario de 9:30 a 13:30.

 

LEMBRADE:

 

5º e 6º de Educación Primaria traballarán co proxecto Edixgal, polo que non terán libros de préstamo

Só aqueles/as que teñan adxudicados menos de tres libros, deberán mercar o da/s materia/s que falta/n

Os libros de adquisición complementaria non teñen vixencia neste centro, posto que só se traballa cos anteriormente citados.

O libro de inglés que se concede no fondo solidario é o "Pupil's Book". O "Activity Book" non entra no fondo solidario, polo que deberán mercalo tódolos/as nenos/as.

 

 

NOTAS: 

Contra a listaxe definitiva, ou no caso de detectar algún erro no vale, poderanse facer reclamacións, subsanar as deficiencias ou aportar a documentación que falta nos dez días seguintes a esta publicación.

O centro NON expedirá un novo vale en caso de que a persoa beneficiaria ou a libraría o extravíen. 

LISTAXES PROVISIONAIS DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

Xa está publicado no taboleiro do colexio a listaxe provisional de solicitudes beneficiarias de libros de texto do fondo solidario.

 

LEMBRADE:

 

  • En 3º e 4º de Educación Primaria traballaremos con dous ou tres libros:
    • Lingua española e literatura
    • Matemáticas
    • Lingua estranxeira (Inglés)
  • 5º e 6º de Educación Primaria traballarán co proxecto Edixgal, polo que non terán libros de préstamo
  • Só aqueles/as que teñan adxudicados menos de tres libros, deberán mercar o da/s materia/s que falta/n
  • Os libros de adquisición complementaria non teñen vixencia neste centro, posto que só se traballa cos anteriormente citados
  • O libro de inglés que se concede no fondo solidario é o "Pupil's Book". O "Activity Book" non entra no fondo solidario, polo que deberán mercalo tódolos/as nenos/as.

 

 

* Contra a listaxe provisional poderanse facer reclamacións nos dous días seguintes a esta publicación.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

 

PARA QUEN É?

  • O alumnado que vai cursar 1º e 2º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar a axuda para a adquisición de libros e material escolar.
  • O alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar Fondo Solidario de Libros de Texto e axuda para mercar material escolar

       O alumnado que vai cursar 1º da ESO o vindeiro curso debe entregar a solicitude no IES A Paralaia. Os prazos son os mesmos que para primaria.

       O alumnado matriculado no 1º, 2º, 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto pero terá dereiro á axuda para a adquisición de material escolar (No caso de 5º e 6º por atoparse incluido no proxecto de educación dixital E-DIXGAL)

       Para ter dereito ó fondo de libros, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º terá que ter entregados os libros en bo estado antes do 21 de xuño

 

ONDE SE TRAMITA?

As solicitudes pódense facer a través de:

       Para tramitalo a través da aplicación “fondlibros” ou “Sede Electrónica” é necesaria a Chave 365 ou certificado dixital

 

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE PRESENTAR?

  • Impreso ED330B cuberto. Está dispoñible en secretaría ou pódese descargar na sede electrónica
  • Documentación que acredite o número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2021. Pode ser libro de familia, volante de convivencia, sentenza xudicial de separación ou divorcio, informe de servizos sociais, certificado de defunción…

       En caso de non autorizar a comprobación de datos, deberase achegar aquela documentación da que non se autorice a consulta (certificado de grao de discapacidade, resolución xudicial de incapacitación, declaración da renda…)

       A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

 

ATA CANDO SE PODEN PRESENTAR AS SOLICITUDES?

     Ata o 21 de xuño

 

A QUE AXUDAS SE PODE ACCEDER?

  • Axudas para adquirir libros de texto:
    • Renda per cápita igual o inferior a 6.000 €   240 €
    • Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €      160 €
  • Axudas para material escolar
    • Renda per cápita igual o inferior a 6.000€    75 €
    • Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €      60 €
  • Fondo solidario de libros:
    • Renda per cápita igual o inferior a 6.000 €   6 libros de texto
    • Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €      4 libros de texto

           Se sobran libros, a aplicación repárteos por orde de renda ata que se esgotan

        O alumnado matriculado no 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto por atoparse incluido no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) pero terá dereiro á axuda para a adquisición de material escolar

 

OUTRAS DATAS DE INTERESE:

Publicación de listaxes provisionais: 3 de xullo

Período de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días a partires da data de publicación

Publicación de listaxes definitivas: 6 de xullo

Entrega de vales de material: Días 10 e 11 de xullo

Entrega de libros ó alumnado: Ó comezo do curso, en setembro

 

NORMATIVA REGULADORA

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

Distribuir contido


by Dr. Radut