Este ano, como novidade, unha representación do IES deMos, veu pedir o aguinaldo ao noso cole. E démoslles o aguinaldo, pois desfrutamos moito con eles! Para o ano máis!
Para conmemorar o Día da Paz, este ano escollimos a canción "Amigos para siempre", de Andrew Lloyd Webber e letra de Don Black, que foi interpretada nos xogos olímpicos de Barcelona por José Carreras e Sara Brightman, e popularizada no noso país por Los Manolos. O que fixemos foi unha tradución ao galego, e apoiándonos dunha base instrumental, gravamos as voces do noso alumnado, cantando en galego e en inglés. O resultado foi marabilloso.
O Día 16 de maio, o CEIP Petelos e o IES de Mos, fixemos unha andaina conxunta pola lingua. Cada participante, levaba un dorsal cunha palabra en galego. A andaina ía encabezada por un grupo de gaitas, tambor, bombo e pandeiretas composto por alumnado do IES de Mos, e as mestras de Música e Inglés do CEIP Petelos. Longa vida para a nosa lingua!
E aquí podemos ver aos máis pequenos e pequenas do cole participando xa dende ben cativos na Festa dos Maios. E que ben o fixeron! Hai canteira en Petelos!
E aquí podedes ver aos da clase de 4 anos cantando as súas coplas. Moi ben o fixeron!
E aquí podedes ver aos maiores de Infantil, cantando marabillosamente as súas coplas tan inxeniosas. Que grandes!
Este ano, convidáronnos a ir cantar os Maios ao Monte do Castro, na Festa da Cruz, e alá fomos unha representación da comunidade educativa de Petelos. Moi ben o pasamos!