Skip to Content

Plan proxecta- PDC

XOGAMOS CO FUTGAL

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria tiveron a oprtunidade de coñecer o Futbol sal da man de entrenadores da Federación galeg de Futbol. Esta actividade realizada en colaboración co Concello de Mos.

 

XOGADE-Atletismo en pista

 

O alumnado de 5º de ed. primaria participaron nunha xornada de atletismo en pista nas instalacións do IFEVI (Vigo). Alí puideron compartir a xornada con alumnado doutros centros e practicar diferentes modalidades do atletismo en pista.

 

XOGAVOLEIBOL- IFEVI

Os alumnos de 6º participaron nunha competición intercentros de Voleibol no IFEVI. Neste torneo participaban autros centros da nosa contorna. Esta actividade estaba organizada e patrocinada polo Secretaría Xeral para o deporte, dentro do programa XOGADE.

Pasamos unha mañá moi divertida.

 

 

 

I Xornada intercentros

 

O 15 de marzo os alumnos de 6º participaron na I Xornada intercentros dos colexios de Mos e Porriño. Nesta ocasión enfrentámonos o CEIP Mestre Valverde Maio en diferentes deportes coma baloncesto, voleibol, bádminton, balonmán e futbol. Unha boa oportunidade para unha convivencia deportiva.

 

Competicións deportivas

Xa comezamos coas diferentes competicións deportivas no tempo de lecer. No mes de decembro e xaneiro levamos a cabo o ITorneo de Voleibol do CEIP de Petelos, onde participaron os alumnos de 5º e 6º de ed. Primaria.

                 

REPARTO DE FROITA E LEITE

Con motivo do noso proxecto de centro de Vida activa e saudable, englobado

dentro do Plan Proxecta, durante este curso volveremos a  participar no

"PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE",

financiado coa axuda da Comunidade Europea, España e Galicia a través do

FOGGA(Fondo Galego de Garantía Agraria).

        Este lúns 23 de xaneiro comezaremos co reparto de Froita fresca e leite na hora do recreo. 

    O reparto de froita realizarase durante duas semanas, ata o 3 de febreiro e o reparto de leite durará un mes.

     Con esta iniciativa pretendemos fomentar o consumo de froita e leite, buscando unha alimentación saudable e equilibrada.

 

Campo a través

Como cada ano participamos na carreira de campo a través escolar organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coas Agrupacións Deportivas Escolares destinada ao alumnado participante no programa XOGADE.

Aínda que a meteoroloxía non nos acompañou foi unha mañá diferente fora da escola practicando deporte.

Noraboa a todos e todas as participantes e en especial os gañadores de diploma e medalla.

 

 

O MAGOSTO

No magosto ademais de comer castañas tamén desfrutamos dos xogos.

Os nenos tiñan unha cartilla de participación que debían selar en cada xogo no que participaran.Cada aula encargouse dun xogo e os nenos desa aula eran os responsables de poñer o selo o resto de compañeiros. Para recoller as castañas cando estean asadas deberán presentar a súa cartilla selada con varios xogos.

Os xogos eran os seguintes:

1-Mariquitilla

2-Cucuruchos

3-Carreira a tres pes

4-O monstro comecastañas

5- Sumamos castañas

6A- Bolos

6B- Traspaso de castañas

 

 

 

XOGABALONMÁN

Un ano mais comezamos a nosa participación nas actividades deportivas a través do programa XOGADE. Neste caso os primeiros en comezar foron os alumnos de 4º coa actividade de Balonmán na escola. Temos a sorte de contar con Alicia pertencente o clube de balonmán Porriño, que nos acompañará durante 2 semanas ensinándonos os secretos do balonmán.

 

ALMORZOS SAUDABLES 2022-2023

Un curso mais esta é a nosa proposta de almorzos saudables, con propostas de receitas saudables.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut