Skip to Content

Secretaría

Libros de texto e material escolar - Curso 2020-2021

Debido a un erro no ISBN dos cadernillos de traballo dos alumnos de 5º

Ed. Primaria, esta é a nova lista de material para o vindeiro curso

Lista de material por cursos  

 

  Xa están dispoñibles as listas de material e libros de texto

que empregaremos para o vindeiro curso.

   

     Podedes consultalas nos seguintes enlaces

 

Libros de texto

Material escolar

Listados provisionais de admitidos.

Xa están publicados no taboleiro do centro os listados provisionais

de admitidos para o vindeiro curso escolar 2020-2021.

Para a sua consulta podedes pasar polo centro no noso horario

habitual.

Fondo libros de texto e axudas material escolar

Estimados pais e nais

Comunicamosvos que no DOG do martes, 19 de maio,  saiu publicada a orde pola que se convoca a participación no fondo solidario e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021.

Podedes atopar as solicitudes na secretaría do centro ou podedes descargala/ cubrila no seguinte enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/fondolibros. Recoméndase a tramitación telemática da solicitude a traves da sede electrónica.

 

·        BENEFICIARIOS: Alumnado de 1º, 2º, 3º,4º,5º e 6º de Primaria no curso 2020-2021

·        PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   Dende o 20 de maio ata o 19 de xuño na Secretaría do Centro ou presentación electrónica. Presentarase unha solicitude única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro no curso 2020/2021.

           

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA TODO O ALUMNADO DE  3º, 4º, 5º E 6º

         IMPORTE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (SÓ 1º E 2º ED. PRIMARIA):

  Hasta 6000 € de renta per cápita                210€
  Entre 6000,01 € e 10000€                         140€

           IMPORTE DAS AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR (TODO O ALUMNADO DE Ed. Primaria):

  Hasta 6000€ de renta per cápita                 50€

 Para calcular a renta per cápita da familia sumaranse os recadros 435(base impoñible xeral) e 460(base impoñible do aforro) da declaración da renda de 2018 e o resultado dividirase entre o número de membros da familia. (Situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2018, agás no relativo a violencia de xénero).

        DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

·     Solicitude de axuda, (anexo I , pode recollerse na secretaría do centro)

·     Anexo II – comprobación de datos dos membros da unidade familiar

·     Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro en día 31 de decembro de 2018, entón, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou  convenio regulador onde conste a custodia do causante ( se a custodia e compartida deberán figurar ámbolos dous proxenitores, certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos socias que acredite a situación familiar.

·     Certificado grao de discapacidade.

·     No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

 

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º  que reciban libros de texto do fondo solidario, terán a obriga de conservalos en perfecto estado para incorporalos ao rematar o curso escolar 2020/21 a un fondo solidario do centro (banco de libros) que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos (artigos 5.1 e 5.2).

O prazo máximo para a devolución dos libros de texto do ano 2019-2020 será o 22 de xuño

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021

No día de onte fixéronse públicas as novas datas para o proceso de admisión de alumnado nos centros públicos para o curso 2020-2021.

As datas quedan como seguen:

 

 

Tamén as poden consultar e/ou descargar no seguinte enlace:

Novas datas proceso de admisión

 

Aquelas familias que xa presentaran a súa solicitude no mes de marzo non deberán facer nada mais, simplemente estar pendentes da publicación o día 9 de xuño das listaxes provisionais. A partir do próximo luns 11 de maio, o centro permanecerá aberto, atenderase preferentemente con cita previa (soamente para labores administrativas)  que se pode solicitar no teléfono do centro 886110360 ou a través do correo electrónico ceip.petelos@edu.xunta.es

Se teñen algunha dúbida poden poñerse en contacto con nos a través dos dous medios citados anteriormente.

No acceso o centro atoparán un  protocolo coas medidas sanitarias para o acceso as instalacións interiores do mesmo.

 

O EQUIPO DIRECTIVO

 

Avaliación 2º trimestre

Como sabedes dende o pasado 16 de marzo suspendeuse a actividade

educativa presencial en todos os centros. Durante este período de peche

mantivemos as actividades mediante a nosa páxina web e contacto cos

diferentes mestres por medios telemáticos (correo electrónico, Abalar

Mobil,..)

 Neste momento que se achega o final da 2ª avaliación, e a efectos de dar

continuidade no calendario escolar formalizaremos a avaliación do segundo

trimestre. Soamente se incluirán nesta avaliación as actividades realizadas

ata o 13 de marzo (momento no que se comunicou o peche dos centros).

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares

realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do

estado de alarma.

  O venres 3 de abril, poderán consultar as notas dos seus fillos a través da

aplicación Abalar Móbil. Aqueles que non dispoñan da citada aplicación

recibirán unha copia do boletín a través do seu correo electrónico.

 

    Recordamos que calquera dúbida, poden porse en contacto con nos a

través do correo electrónico do centro, ceip.petelos@edu.xunta.es, ou o

teléfono do centro.

 Deixo aquí un enlace con información sobre Abalar Móbil  

Un saúdo
A dirección do centro

Benvida

CEIP de Petelos

 O CEIP de Petelos (Mos) é un centro público de Educación Infantil e Primaria. O noso principal obxectivo é o desenvolvemento integral das capacidades dos nosos alumnos e alumnas de cara a preparalos para unha sociedade máis participativa. Dámosche a benvida a nosa páxina Web :))

Becas alumnado NEAE

O pasado 30 de abril abríu o prazo para a solicitude de Axudas para alumnado con NEAE. Poden consultar toda a información nos seguintes enlaces

PORTAL DE BECAS

Becas e axudas

NOVAS INSTRUCCIÓNS

Trala publicación do RD 436/2020 que limita a mobilidade da poboación, será

complicado que mañán luns 16 de marzo podades acudir o centro a recoller o material

dos vosos fillos.

    Por esto, rogámosvos que, na medida do posible, veñades o menor número de

persoas posibles (unha persoa por familia). O horario será de 10:00 a 13:00 h.

    Se tedes algunha dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nos a

través  do correo electrónico ceip.petelos@edu.xunta.es

    No asunto da mensaxe especificade a quen vai dirixida a consulta (Titor/titora,

mestre especialista, dirección,..)

 

Moitas gracias pola vosa comprensión nestes momentos tan complicados.

Suspensión das actividades lectivas

Segundo as instruccións da Consellería de Educación suspéndense as actividades lectivas durante 14 días, incluídos comedor, aula madruga e actividades extraescolares, a partir do luns 16 de marzo.

Non obstante o centro permanecerá aberto no seu horario habitual de 9:15 a 14:15, para servicios básicos de información, atención e titorización NON presencial.

Na páxina web do centro estarán colgados a partir do luns, os traballos e recomendacións das diferentes aulas para realizar  na casa polos alumnos. Damos a opción de recoller no centro estes traballos o luns 16 en horario escolar.

Iremos informando das novidades que vaian xurdindo a través do Abalar e por este mesmo medio.

A dirección

XORNADA PORTAS ABERTAS

O 1 de marzo comeza o preceso de matriculación de novos alumnos por iso levaremos a 

cabo 2 días de xornada de portas abertas. 

Non perdades a oportunidade de vir coñecer o noso centro

Esperámosvos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut