Skip to Content

Secretaría

Eleccións Consello Escolar 2021

Estimadas familias:

Comeza o proceso de renovación do Consello Escolar do centro. Aquí poderedes consultar todo o relativo o proceso de renovación.

Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro.

Presentación Eleccións Consello Escolar

Convocatoria Eleccións sector pais/nais

Modelo presentación candidaturas

 

Poden consultar as candidaturas presentadas no seguinte enlace

Candidaturas presentadas sector Pais/nais de alumnos

CALENDARIO FONDO LIBROS

     No seguinte enlace podedes consultar o calendario e horario de recollida dos vales de material e a publicación dos listados da axudicación dos libros de texto.

 

CALENDARIO

LISTADO LIBROS TEXTO-MATERIAL 2021-2022

    A continuación podedes consultar o listado completo de libros de texto e

material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

 

 Os nenos e nenas de 5º de ed. primaria o pertencer o programa E-DIXGAL

non empregaran libros de texto.

 

Libros de texto.

Material escolar.

FONDO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimados pais e nais

Comunicamosvos que no DOG do xoves, 20 de maio,  saiu publicada a orde pola que se convoca a participación no fondo solidario e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2021-2022.

Podedes atopar as solicitudes na secretaría do centro. Tamén estará dispoñible no portal educativo http://www.edu.xunta.gal, así como na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal . Recoméndase a tramitación telemática da solicitude a traves da sede electrónica.

 

  • BENEFICIARIOS: Alumnado de 1º, 2º, 3º,4º,5º e 6º de Primaria no curso 2021-2022

  PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   Dende o 21 de maio ata o 22 de xuño na Secretaría do Centro ou presentación electrónica. Presentarase unha solicitude única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro no curso 2021/2022.

           

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA TODO O ALUMNADO DE  3º, 4º, 5º E 6º

         IMPORTE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (SÓ 1º E 2º ED. PRIMARIA):

  

Hasta 6000 € de renta per cápita                210€

  

Entre 6000,01 € e 10000€                          140€

           IMPORTE DAS AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR (TODO O ALUMNADO DE Ed. Primaria):

  

Hasta 6000€ de renta per cápita                 50€

 Para calcular a renta per cápita da familia sumaranse os recadros 435(base impoñible xeral) e 460(base impoñible do aforro) da declaración da renda de 2019 e o resultado dividirase entre o número de membros da familia. (Situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativo a violencia de xénero).

  •    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
  1.  Solicitude de axuda, (anexo I , pode recollerse na secretaría do centro)
  2.   Anexo II – comprobación de datos dos membros da unidade familiar
  3. Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro en día 31 de decembro de 2019, entón, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou  convenio regulador onde conste a custodia do causante ( se a custodia e compartida deberán figurar ámbolos dous proxenitores, certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos socias que acredite a situación familiar.
  4. Certificado grao de discapacidade.
  5. No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

O alumnado incluido no Proxecto de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/2022(5º Ed. Primaria) estará excluido do fondo solidario pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar

 

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º  que reciban libros de texto do fondo solidario, terán a obriga de conservalos en perfecto estado para incorporalos ao rematar o curso escolar 2021/22 a un fondo solidario do centro (banco de libros) que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos (artigos 5.1 e 5.2).

O prazo máximo para a devolución dos libros de texto do ano 2020-2021 será o 22 de xuño         

Listaxes definitivas de admitidos curso 2021-2022

 Xa están publicadas as listaxes definitivas de alumnos e alumnas admitidas para o vindeiro curso 2021-2022, estando admitidas todas as solicitudes presentadas.

Se desexan consultalas poden facelo:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

A formalización da matricula realizarase entre o 20 e 30 de xuño.

        Se teñen algunha dúbida ou consulta poden poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ceip.petelos@edu.xunta.gal, ou telefonicamente no 886110360.

Listaxes provisionais admitidos para o curso 2021-2022

         Xa están publicadas as listaxes provisionais de alumnos e alumnas admitidas para o vindeiro curso 2021-2022, a súa consulta será:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

        Se teñen algunha dúbida ou consulta poden poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ceip.petelos@edu.xunta.gal, ou telefonicamente no 886110360.

Xornada Portas Abertas Virtual

Debido a situación sanitaria actual, este ano tomamos a decisión de non realizar, como si fixemos en anos anteriores, unha xornada de portas abertas, para que os pais dos nosos futuros alumnos coñezan o noso centro.

Pero non queremos deixar pasar estas datas sen que coñezades o noso centro, polo que facemos unha Xornada de portas abertas de xeito virtual.

A continuación deixámosvos unha presentación a través da cal podedes coñecer un pouco o noso centro. Ademais tamén poderedes ver diferentes actividades realizadas cos alumnos.

 

Podedes consultar a información relativa as datas de matrícula no seguinte enlace.

Esperamos que vos guste.

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Un ano mais por estas datas aproxímase o período de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar.

O período de solicitudes abrangue dende o 1 ao 22 de marzo. 

As solicitudes poden presentarse de xeito presencial na secretaría do centro, ou a través da sede virtual no seguinte enlace

 

As datas do proceso serían as seguintes: 

 

Tamén as poden consultar e/ou descargar no seguinte enlace:

    Datas proceso de admisión novo alumnado

     Prazas vacantes

 

 

Se teñen algunha dúbida poden poñerse en contacto con nos a través do teléfono do centro 886110360 ou a través do correo electrónico ceip.petelos@edu.xunta.es.

 

Axudas Máscaras de protección

    Vense de publicar a "Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado de primaria, secundaria,.."

     Esta axuda está destinada os alumnos de Educación primaria, que son beneficiarios da axuda de material escolar no curso 2020-2021, estes alumnos non deberán presentar solicitude.

     Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

         As solicitudes deben presentarse directamente no centro no que está matriculado o alumno.

 

Poden consultar toda a información na seguinte ligazón:

     Orde 6 novembro adquisición máscaras.

 

CONVOCATORIA DE FOLGA

NOTA INFORMATIVA: 

CONVOCATORIA DE FOLGA

Distribuir contido


by Dr. Radut