AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

Segundo o disposto pola normativa vixente, este curso comezará a realizarse en 4º de EP a Avaliación de Diagnóstico que posúe carácter informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas familias ou persoas titoras legais e  para o conxunto da comunidade educativa. A súa finalidade última é contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación, a través do coñecemento do grao de adquisición das competencias adquiridas polo alumnado.
Realizarase os días 10 e 11 de abril e consistirá nunhas probas escritas onde se avaliarán a competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira: Inglés, no noso caso.

AdxuntoTamaño
Resolución 14 de febreiro de 2024_0.pdf392.74 KB
Orde 29 de decembro de 2023_0.pdf370.81 KB