Reunións de inicio de curso

As reunións de inicio de curso para as familias nas que se explicará o protocolo COVID-19 do centro, especialmente as medidas a adoptar en canto as entradas e saídas, terán lugar nos seguintes horarios e datas:

 

  • LUNS 07, 17,00h: 5º e 6º de Educación Primaria

 

  • LUNS 07, 18,00h: Educación Infantil

 

  • MARTES 08, 17,00h: 1º e 2º de Educación Primaria

 

  • MARTES 08, 18,00h: 3º e 4º de Educación Primaria

 

Datas as excepcionais circusntancias que estamos a vivir, só poderá acudir un adulto por familia. 

Tentaremos minimizar os riscos, facendo unha reunión curta e gardando as medidas de seguridade: Uso obrigatorio de máscara, distanciamento e medidas hixiénicas correspondentes (hidroxel, ventilación)

Pregámosvos que acudades puntuais e subades directamente á aula de Audiovisuais, onde estarán colacadas as cadeiras coa separación aconsellada. Á saída tamén debemos evitar a xuntanza. 

 

Sabemos que os horarios non sempre se adaptan ás circunstncias de todos. Se alguén non poidese acudir, pregamos que se poña en contacto coa titora ou dirección do Centro ao día seguinte. Grazas.