Ed. Infantil

Recomendación para a semana do 30 de marzo ó 3 de abril

Comeza unha nova semana e non queremos deixar de aportar ideas e cousiñas para facer cos mais pequenos da casa. Consulta o arquivo adxunto para velas. Esta semana ademais inclúese unha actividade Os retos de Castrelix nos que tamén hai proposta para o alumnado de infantil.

PROPOSTA DE ACTIVIDADE COLABORATIVA

Dende o equipo de Infantil seguimos traballando. No adxunto, engadímosvos unha nova proposta que nos gustaría que fixérades cos nenos e coas nenas. Ademais, temos unha idea para poder vernos nestes días tan diferentes para todas e todos. Abride o documento e teredes mais información. Un saúdo de todas as mestras de Infantil.

RECOMENDACIÓNS PARA A ETAPA INFANTIL.

Velaquí tedes unha serie de recomendacións e actividades para poder facer co alumnado de Educación Infantil durante este período excepcional de confinamento nos domicilios. Son propostas para poder realizar actividade co alumnado de modo lúdico e activo sobre todo. Para acceder a ela, premer no arquivo adxunto.

Distribuir contido