Benvida á nosa WEB

PLAN MADRUGA "OS PRIMEIROS DA CLASE" CURSO 2020-2021

O Concello de Cambados ofertará o vindeiro curso 2020-2021 o servizo do Plan Madruga no centro como ven realizando nestes últimos anos. Para isto, o próximo mércores 15 de xullo de 2020 ata o venres 14 de agosto de 2020 ábrese o prazo para a entrega de solicitudes. Este trámite realizarase na Biblioteca Municipal de Cambados Luis Rei en horario de 8:30 h a 14: 00 de luns a venres.

A documentación que será necesaria presentar é a seguinte:

- número de conta bancaria para o pago do importe do servizo.

- DNI do pai, nai e daqueles usuarios do servizo (alumno/a/s).

- certificado laboral do pai e da nai.

- certificado de convivencia naqueles casos que así se requiran (familias monoparentais).

NON SE DARÁ ENTRADA A NINGUNHA SOLICITUDE QUE LLE FALTE ALGÚN TIPO DE DOCUMENTACIÓN.

 

Para calquera dúbida, consultar na propia Biblioteca ou a través do número 986 520 008.

Engadir que, nas condicións actuais en relación coa pandemia do COVID-19, este servizo estará condicionado ás indicacións das autoridades competentes.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021

Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2020/2021. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as e deberán formalizar a matrícula  do 1 ao 10 de xullo de 2020, preferiblemente con cita previa. 

No momento de formalización de matrícula, o centro proporcionará este documento ademais doutras informacións e autorizacións referentes á imaxe, transporte ou comedor. As familias deberán achegar a seguinte documentación no momento de formalización de matrícula:

- Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade infecto contaxiosa

- Copia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a.

- Copia do boletín de vacinas (de ser o caso).

- 2 fotos tamaño carné.

 

Para calquera outra información e/ou aclaración deste procedemento, pódense poñer en contacto co centro nos teléfonos 886 151 171 / 886 151 172 en horario de 9:00 h a 14: 00 h.

RECOMENDACIÓNS ÚLTIMA SEMANA LECTIVA

Chegamos á semana do 15 ao 19 de xuño e con ela chegan as últimas recomendacións. Nestas atoparedes que non son "tarefas" todas elas como veñen sendo achegadas durante este trimestre. A maior parte delas son recomendacións dende diferentes áreas para realizar repaso, lecturas e propostas de actividades. Atoparedes as seguintes:

- Aula Virtual: todas as que teñan que ver coas titorías, Educación Física, Inglés, Música, Xogamos con Castrelix. Estreamos tamén un apartado de obradoiro de matemáticas.

- Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA): para recomendacións e repaso de 5º e 6º (para a aula de 5º EP tedes as recomendacións no seguinte enlace).

- Inglés 5º e 6º EP.

- Recomendacións lectoras dende a Biblioteca do cole enviadas por Castrelix.

 

Lembramos que nesta semana farase entrega do material das aulas e se publicarán as cualificacións finais de curso o venres 19 de xuño de 2020.

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021- EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA____________________________________________

 

1º PRIMARIA

 1 PRI LENGUA Primeros Pasos PAUTA SHContigo ML Ed. Santillana  ISBN: 978-84-680-4741-6

 1 PRI C. NATURAIS GAL. SABER FACER CONTIGO ISBN: 978-84-9185-037-3

 1 PRI C. SOCIAIS GAL. SABER FACER CONTIGO ISBN: 978-84-9185-035-9

 

2º PRIMARIA

 2 PRI LENGUA SH Contigo Mochila Ligera Ed. Santillana.  ISBN: 978-84-680-4746-1

 2 PRI C. NATURAIS GAL. SABER FACER CONTIGO ISBN: 978-84-9185-036-6

 2 PRI C. SOCIAIS GAL. SABER FACER CONTIGO  ISBN: 978-84-9185-033-5

 

FONDO DE LIBROS________________________________________________

 3º PRIMARIA

 3 PRI CIENCIAS DA NATUREZA - Saber Facer Contigo (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-232-2

 3 PRI CIENCIAS SOCIAIS – Saber Facer Contigo (Editorial Santillana) ISBN 978– 84 – 9185 – 229 -2

4º PRIMARIA

 L. GALEGA Proxecto: Os camiños do saber (Mochila Lix.) Obradoiro. Ed: Santillana    ISBN: 978-84-9972-073-9

 L. CASTELLANA Proyecto: Los caminos del saber (Mochila Lixeira). Ed.: Santillana.  ISBN: 978-84-294-7770-2

 MATEMÁTICAS Proyecto: Los caminos del saber (Mochila Lixeira). Ed.: Santillana.   ISBN: 978-84-680-1008-3

 C. DO MEDIO Proxecto: Os camiños do saber (Mochila Lix.) Obradoiro. Ed: Santillana   ISBN: 978-84-9972-191-0

 INGLÉS Surprise 3 (Course book + Activity book) Ed.: Oxford.  ISBN: 978-0-19-440803-5

 

En 5º PRIMARIA e 6º de PRIMARIA terán libro dixital (Abalar - Edixgal)

Recomendacións da semana do 8 ao 12 de xuño

Comezamos unha nova semana e con ela continuamos na revisión, repaso, reforzo...de aprendizaxes de todo o alumnado. A continuación terás os enlaces a todos os niveis do centro. Lembra que as especialidades dende Infantil ata 4º de Primaria expoñen as súas actividades dentro da Aula Virtual de cada curso para que sexa máis doado de localizar.

AULA VIRTUAL ( Educación Infantil, 1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP)

PLATAFORMA EVA (5º e 6º con todas as especialidades)

Ademais, engádense dous enlaces a lugares que poden ser de interese:

- Resumo actividades 5º EP

- Resumo actividades 6º EP

- INGLÉS - Recomendacións de 5º e 6º EP 

Lembrar que dentro da Aula Virtual, ademáis do contido de cada curso, poderedes atopar tamén recursos dende o Departamento de Orientación, Aula Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e unha sección titulada Xogamos con Castrelix na que continuamos desenvolvendo o proxecto de Biblioteca sobre o xogo (atoparás titoriais e outros recursos en relación ó mesmo).

Infórmase que o alumnado de 1º a 4º de EP debe entrar na Aula Virtual co seu número de usuario (achegado a través da aplicación Abalar Móbil). Así poderán entregar tarefas, realizar cuestionarios...e outras actividades propostas polos diferentes mestres que imparten clase nos niveis. Dispoñen ademáis de titoriais na parte superior da Aula Virtual ante dúbidas de como entrar ou como facer unha entrega de tarefas. A estes cursos, nesta semana engádese o alumnado de Educación Infantil que tamén poderán acceder como usuario rexistrado a Aula Virtual e así deixar as súas fotos, vídeos, actividades... como o ven facendo o alumnado de Educación Primaria.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020/2021

Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2020/2021. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as e deberán formalizar a matrícula  do 1 ao 10 de xullo de 2020, preferiblemente con cita previa. Ó final do mes de xuño, recibirán máis información sobre este proceso de modo persoal e telefónico.

Recomendacións semana do 1 ao 5 de xuño

Comezamos unha nova semana e con ela continuamos na revisión, repaso, reforzo...de aprendizaxes de todo o alumnado. A continuación terás os enlaces a todos os niveis do centro. Lembra que as especialidades dende Infantil ata 4º de Primaria expoñen as súas actividades dentro da Aula Virtual de cada curso para que sexa máis doado de localizar.

AULA VIRTUAL ( Educación Infantil, 1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP)

PLATAFORMA EVA (5º e 6º con todas as especialidades)

Ademais, engádense dous enlaces a lugares que poden ser de interese:

- Resumo actividades 5º EP

- Resumo actividades 6º EP

- INGLÉS - Recomendacións de 5º e 6º EP 

Lembrar que dentro da Aula Virtual, ademáis do contido de cada curso, poderedes atopar tamén recursos dende o Departamento de Orientación, Aula Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e unha sección titulada Xogamos con Castrelix na que continuamos desenvolvendo o proxecto de Biblioteca sobre o xogo (atoparás titoriais e outros recursos en relación ó mesmo).

Infórmase que o alumnado de 1º a 4º de EP debe entrar na Aula Virtual co seu número de usuario (achegado a través da aplicación Abalar Móbil). Así poderán entregar tarefas, realizar cuestionarios...e outras actividades propostas polos diferentes mestres que imparten clase nos niveis. Dispoñen ademáis de titoriais na parte superior da Aula Virtual ante dúbidas de como entrar ou como facer unha entrega de tarefas. A estes cursos, nesta semana engádese o alumnado de Educación Infantil que tamén poderán acceder como usuario rexistrado a Aula Virtual e así deixar as súas fotos, vídeos, actividades... como o ven facendo o alumnado de Educación Primaria.

ORGANIZACIÓN FIN DE CURSO 2019-2020: RECOLLIDA E ENTREGA DE MATERIAIS. OUTRAS INFORMACIÓNS

 Por mor da situación excepcional que estamos a vivir, establécense prazos para entrega e recollida de material no noso centro ademais doutros procedementos administrativos:

  • Fondo libros e axudas de material: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020 (cita previa para a súa presentación; para a recollida de solicitudes non fará falta pedila)
  • Devolución de libros da Biblioteca emprestados e Mochilas Viaxeiras: do 1 de xuño ao 12 de xuño en quendas por cursos (consultar o calendario no documento adxunto). No caso de familias con nenos/as en diferentes niveis, poderán entregar todos os exemplares na mesma xornada que veñan ó centro co fin de realizar o menor número de viaxes e desprazamentos.
  • Devolución mandilóns infantil que quedaron no centro: día 10 e 11 de xuño de 2020.
  • Entrega de material das aulas que sexa necesario levar para os domicilios: do 15 ao 19 de xuño de 2020
  • Devolución Libros de texto de 3º e 4º. do 15 ao 19 de xuño de 2020.
  • Devolución equipamento informático emprestado (ordenadores): do 22 de xuño ao 26 de xuño de 2020.
  • Recollida historiais académicos alumnado de 6º: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2020.
  • Entrega vale de material e libros de texto: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2020.
  • Devolución cotas excursión fin de curso 6º: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2020.
  • Formalización de matricula para novo alumnado: do 1 de xullo ao 10 de xullo de 2020.

 

O horario para a realización de calquera destes trámites será de 9:00 h a 13:30 h.

 

Rógase que para realizar calquera das accións anteriores só acudan ó centro as persoas necesarias e, a poder ser, veñan sós (responsables dos/as nenos/as).

 

Deberase solicitar cita previa para:

  • Entrega de solicitudes de material e fondo libros.
  • Recollida de historiais do alumnado de 6º e devolución cotas excursión (lémbrase que só o poderá facer un maior de idade).
  • Recollida de vales (só o poderá realizar un adulto)
  • Formalización de matrícula.

 

Esta información ademais dun calendario con maior detalle do cursos, prazos e demais, poden consultalo no documento adxunto.

 

Calquera dúbida, poden chamar ós teléfonos do centro: 886 151 171  / 886 151 172

 

 

 

Recomendacións para a semana do 25 ao 29 de maio

Comezamos unha nova semana e con ela continuamos na revisión, repaso, reforzo...de aprendizaxes de todo o alumnado. A continuación terás os enlaces a todos os niveis do centro. Lembra que as especialidades dende Infantil ata 4º de Primaria expoñen as súas actividades dentro da Aula Virtual de cada curso para que sexa máis doado de localizar.

AULA VIRTUAL ( Educación Infantil, 1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP)

PLATAFORMA EVA (5º e 6º con todas as especialidades)

Ademais, engádense dous enlaces a lugares que poden ser de interese:

- Resumo actividades 5º EP

- Resumo actividades 6º EP

- INGLÉS - Recomendacións de 5º e 6º EP 

Lembrar que dentro da Aula Virtual, ademáis do contido de cada curso, poderedes atopar tamén recursos dende o Departamento de Orientación, Aula Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e unha sección titulada Xogamos con Castrelix na que continuamos desenvolvendo o proxecto de Biblioteca sobre o xogo (atoparás titoriais e outros recursos en relación ó mesmo).

Infórmase que o alumnado de 1º a 4º de EP debe entrar na Aula Virtual co seu número de usuario (achegado a través da aplicación Abalar Móbil). Así poderán entregar tarefas, realizar cuestionarios...e outras actividades propostas polos diferentes mestres que imparten clase nos niveis. Dispoñen ademáis de titoriais na parte superior da Aula Virtual ante dúbidas de como entrar ou como facer unha entrega de tarefas. A estes cursos, nesta semana engádese o alumnado de Educación Infantil que tamén poderán acceder como usuario rexistrado a Aula Virtual e así deixar as súas fotos, vídeos, actividades... como o ven facendo o alumnado de Educación Primaria.

Distribuir contido