Skip to Content

Fondo libros e axudas para adquisición de libros e material escolar no curso 2020-2021

Está publicada a listaxe definitiva do fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria, lembramos que pola LOPD este listado non pode facerse público, polo que deberán consultalo no propio centro, chamando ou na páxina https://www.edu.xunta.es/fondolibros/. Na propia páxina hai un manual de uso da mesma. Para unha mellor atención e organización, rogamos que todas as consultas (presenciais e telefónicas) se realicen a partir do venres 17 de xullo. A listaxe non tivo reclamacións, polo que é a mesma que a provisional. O centro entregará  os libros de texto asignados a cada alumno/a no inicio do curso 2020/2021.

Tamén, están á vosa disposición no centro os vales das axudas para adquisición de libros de texto (alumnado admitido de 1º/2º EP e con necesidades educativas especiais) e os vales para adquisición de material escolar (admitidos EP). Os vales pódense recoller desde o venres 17 ata o venres 24 de xullo en horario de 10 a 13h. Recordade respectar as medidas sanitarias e de distanciamento. Será necesario asinar no momento de recoller os documentos, polo que recomendamos que portedes o voso propio bolígrafo. As familias que non recollan a documentación nas datas sinaladas poderá facelo tamén en setembro.

Sobre estes procedementos, a orde referencia de consulta é esta: Orde do 12 maio 2020

Deixamos un resumo dalgunhas instrucións desta orde a ter en conta polas familias e recordamos tamén a necesidade de entregar as solicitudes para o Comedor e o Transporte Escolar para o curso 2020/2021 o antes posible (só para o alumnado que aínda non o fixera).

Un saúdo

AdxuntoTamaño
Circular FL e Vales.pdf101.21 KB


page | by Dr. Radut