Skip to Content

blogue deOlalla

Cambio no menú de comedor

Bo día: 

Informámosvos dun cambio no menú do comedor escolar:

-Hoxe será: crema de cenoria e variñas de merluza con ensalada, e froita. 

-Xoves 08-11-22: caldo galego e sardiniñas con tomate, e lácteo. 

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN CURSO 2022/2023 CONCELLO DE CORISTANCO

https://www.coristanco.gal/axudas-escolarizacion-curso-2022-2023/

Publicadas as bases reguladoras das axudas para a escolarización de menores para o curso 2022-2023, que poderá beneficiar a escolares que cursen estudos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino público no termo municipal de Coristanco.

Requisitos: 

➡O menor debe estar empadroado no Concello de Coristanco.
➡Non se deben superar o límite de ingresos (consultar bases, terceiro punto)

Prazo:

10 días hábiles, o último día para a presentación das instancias remata o día 15/11/2022.

Solicitudes:

-De xeito telemáticos a través da Sede Electrónica https://www.coristanco.gal/

-Podes ler as bases e descargar a Solicitude de axudas para a escolarización de menores do Concello de Coristanco aquí:

https://www.coristanco.gal/wp-content/uploads/2022/10/2022_0000006713.pdf

 

Concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 está previsto que se publique a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.  

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros. 

A resolución dispoón que as familias poden recoller o vale de 25 euros no centro docente a partir do seguinte día hábil ao da publicación no DOG. 

 

Samaín

Queridas familias:

Este ano festexaremos o Samaín o 28 de outubro de 2022. 

Na semana do 24 ao 27 de outubro, no colexio poñeremos unha serie de “mandatos” no que cada día terán que traer un pequeno atrezo. O día 28 de outubro virán con disfraz libre relacionado coa festividade do Samaín.

Por outra banda, do 24 ao 28 de outubro o alumnado poderá traer cabazas decoradas coas que faremos unha exposición na entrada do colexio. Será un concurso con tres categorías: a cabaza más terrorífica, a cabaza máis ecolóxica e a cabaza máis creativa. Todos os participantes deste concurso terán un premio tamén.

Gracias pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut