Información para alumnado de 6º Primaria
Enviado por admin o 17 Febreiro, 2023 - 13:03
O I.E.S. "O Couto" informa de que todo o alumnado do CEIP "O Couto" que solicitou reserva de praza no período indicado para iso, nos meses de xaneiro e febreiro, ten garantida esta praza para o curso 2023-24.
Lémbrase que todo o alumnado que supere a etapa de Educación Primaria ten que facer a matrícula correspondente nos Centros de Educación Secundaria no mes de xuño de 2023.
Aquel alumnado que non reservou praza no IES O Couto, ten que solicitar praza noutro centro entre o 1 de marzo e o 20 de marzo.