Información para alumnado de 6º
Enviado por admin o 3 Marzo, 2022 - 19:21
O I.E.S. "O Couto" infórmanos de que todo o alumnado do CEIP "O Couto" que solicitou reserva de praza no período indicado para iso, nos meses de xaneiro e febreiro, ten garantida esta praza para o curso 2022-23.
Lémbrase que todo o alumnado que supere a etapa de Educación Primaria ten que facer a matrícula correspondente nos Centros de Educación Secundaria a partir do 25 de xuño de 2022.