O uso das novas tecnoloxías sen límite horario nin control parental preocupa a educadores, psicólogos, psiquiatras e médicos. Os especialistas advirten do auxe da adicción aos videoxogos, recoñecida pola OMS como unha enfermidade. Os xogadores sofren un deterioro significativo no ámbito familiar, social, educacional e persoal. Mentres, as empresas dun sector millonario lanzan a artillería para atrapar aos xogadores, cada vez máis novos. O xogo de moda Fornite, non recomendado a menores de 14 anos, dispara a alerta polo seu potencial aditivo e xa hai unha plataforma que solicitará a súa prohibición. O debate chega aos medios e aos expertos. A obsesión por este xogo está repercutindo na traxectoria escolar e nas relación familiares e sociais. A vida real vai á deriva.
Os expertos recomendan non usar videoxogos antes dos 9 anos. Son aditivos, producen cansazo, ansiedade, desatención, falta de concentración no estudo, irritabilidade, problemas de vista. Non promoven a empatía pero premian a eliminación do outro. Poden ser violentos e sexistas. Hai que formar no bo uso das tecnoloxías –tablets, consolas, smartphones-, no pensamento crítico e chegar á autorregulación. As familias deben limitar o acceso e dar exemplo: “Se o neno se enfada, que se enfade, non hai que escapar do conflito, hai que pactar. Por outra banda, as nais e país son o modelo”. Os nenos imitarán estes modelos.
As investigacións sinalan unha preocupante tendencia. “Xa estamos atendendo a nenos con problemas de comportamento debido á sobreexposición aos videoxogos non educativos”. Algúns veñen xa instalados gratuitamente, nas plataformas. As evidencias acumuladas, según os expertos, demostran unha reiterada asociación entre problemas de conduta e niveis abusivos de xogo (tres ou máis horas diarias). A cuestión é que non son edificantes. Que aportan? Que modelo de cidadáns queremos formar?
O psicólogo, Alfredo Oliva, recomenda supervisar o uso das novas tecnoloxías dos menores de idade (tanto o tempo dedicado como os contidos). Un teléfono móbil non debe ser empregado como un xoguete na man de nenos pequenos. Os expertos non recomendan o seu uso antes dos 16 anos, sempre baixo control parental.
O profesor de psicoloxía na USC, Antonio Rial Boubeta, di que os menores sofren un elevado risco de converterse en adictos a Internet. Lembra que para que exista un uso problemático de Internet e das redes sociais, hai tres factores determinantes que son: a frecuencia, a intensidade de uso e a interferencia na vida persoal e familiar. Ten graves consecuencias como ansiedade, trastornos de personalidade e incluso depresión infanto-xuvenil.
O xuiz de menores Emilio Calatayud recomenda que as nais e pais controlen a utilización que fan os seus fillos dos móbiles e de Internet.
Recomendacións:
As nais e pais debedes facilitar que os vosos fillos e fillas se “enganchen” á lectura, ás biliotecas públicas –o noso alumnado ten carné-, á cultura, aos xogos educativos, á música, ao cine, ás artes plásticas, aos xogos clásicos –oca, parchís, scrabble, rummikub, dominó, sudokus, xadrez, damas, puzzles-, ao deporte ao aire libre, parques infantís, paseos…
Hai uns meses un grupo de nais preocupadas idearon unha bolsa de xogos educativos co nome de –kieto-parao-. Inclúe varios xogos fabricados en madeira que favorecen a orientación espacial, a memoria, o cálculo, habilidades artísticas e a linguaxe. Moi recomendable xogar cos amigos ou en familia e non en solitario. A idea é vendelos en aeroportos, restaurantes, salas de espera.
Para máis información podedes consultar:
https://www.farodevigo.es › Sociedad
https://elpais.com/sociedad/2019/03/20/actualidad/1553105010_527764.html
http://www.interior.gob.es/web/servicios-al-ciudadano/planes-de-prevencion/plan-director-para-la-convivencia-y-mejora-escolar
https://www.abc.es/tecnologia/...tabletas/.../abci-steve-jobs-ipad-hijos-201409171758.