O horario lectivo do centro é de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
Servizo de madrugadores de 07:30 a 09:00 horas.*
Servizo de comedor de 14:00 a 16:00 horas.*
Actividades extraescolares de 16:00 a 18:00 horas.*
* Actividades xestionadas pola Anpa Herrerías.
Horarios de entradas e saídas do alumnado.
Entradas:
- Infantil: porta principal de 08:55 a 09:05 horas.
- Primaria: porta lateral de 08:52 a 09:00 horas.
O alumnado de 4º de educación infantil (3 anos) terá en conta o periodo de adaptación (ata o 17 de setembro, incluido).
Todo o alumnado estará supervisado en todo momento por profesorado de garda para tal fin.
O alumnado de educación primaria subirá polo porta lateral e colocarase no número correspondente ao seu curso (pintado no chan), situado baixo o patio cuberto pequeno.
* Cando se chegue tarde haberá que firmar un papel en conserxería, explicando o motivo da tardanza en acudir ao centro.
Saídas:
- Infantil: porta principal: 13:50 horas.
- 1º e 2º primaria: porta principal: 13:55 horas.
- De 3º a 6º primaria: porta lateral: 14:00 horas.
* Cando se recolla a algún/a alumno/a antes do remate da xornada lectiva, haberá que firmar un papel, a disposición en conserxería, conforme se levan ao/á alumno/a.