Saltar navegación.
Inicio

Concurso "Poesía en foto"

 

Ola Bulideir@s!

Aínda estamos elixindo aos gañadores do Concurso de Cómic do 8M e xa estamos argallando o seguinte concurso, con motivo do Día da Poesía o vindeiro 21 de marzo.

 

Neste concurso incluiremos seccións non só para o alumnado, senón tamén para as familias e para o persoal do centro (xa sexan mestr@s, persoal de cociña, persoal coidador, de conserxería, limpeza...).

 

Para participar, tes que elixir o teu lugar favorito de Cangas e sacarlle unha foto. Esa foto deberás acompañala dun pequeno poema en galego de mínimo 4 versos, agás o alumnado de E. Infantil que empregará unicamente unha palabra que describa a imaxe o máis poeticamente posible. 

 

A foto con poema presentarase nunha cartolina A4 antes do 17 de marzo.

 

A semana seguinte, do 20 ao 24, haberá unha exposición coas fotos e poemas participantes. Deixaranse unhas furnas durante toda a semana para que o persoal do centro e as familias poidan votar polas súas participacións favoritas, mentres que o alumnado terá un horario para votar as participacións da súa sección o día 24 de marzo.

 

Animadevos a participar!!!

 

Buliapertas!