Saltar navegación.
Inicio

Programación Anual do Departamento de Orientación

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

1.- Obxectivos xerais

- Contribuir á personalización da educación, favorecendo o desenvolvemento de tódolos aspectos da persoa e contribuíndo a unha educación individualizada referida a persoas concretas, coas súas aptitudes e intereses diferenciados.
- Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares do alumnado, mediante as oportunas adaptacións curriculares e metodolóxicas.
- Resaltar os aspectos orientadores da educación, atendendo ao contexto real no que viven os alumnos, ao futuro que lles espera e favorecendo a adquisición de aprendizaxes máis funcionais, mellor conectados co contorno, de xeito que a escola aporte relamente unha “educación para a vida”.
- Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e do sistema de valores.
- Previr as dificultades de aprendizaxe e non só asistir as que xa se teñan producido, evitando na medida do posible o fracaso e a inadaptación escolar.
- Contribuir á adecuada relación e interacción entre os distintos integrantes da comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias, así como co contorno social do centro.

2.- Obxectivos específicos

2.1.- En relación co centro
- Contribuir ao Proxecto Educativo de Centro nos seus diferentes aspectos: revisión e adecuación aos novos currícula, incorporación do modelo de competencias ás liñas directrices do centro, programa de integración, de formación do profesorado, innovación educativa.
- Asesorar tecnicamente aos órganos directivos en cuestións de adaptacións curriculares, intervención psicopedagóxica especializada, reforzos ou apoios precisados por determinados alumnos e criterios de avaliación e promoción de alumnos.
- Coordinar as relacións do centro con outros servicios como os servizos sociais municipais, centro de formación e recursos, equipo de orientación específico, gabinetes clínicos e outros servizos públicos.

2.2.- En relación co alumnado
- Avaliar e axudar aos alumnos nos momentos de maior risco ou dificultade, como son o ingreso no centro, o paso á secundaria obrigatoria, o cambio de ciclo, as dificultades de aprendizaxe e de integración persoal ou social, alumnado de familias de alto risco,..
- Programar e facer un seguemento das medidas de atención á diversidade cos datos aportados polas titorías, o profesor de P.T., a profesora de A.L., a profesora de apoio ao alumnado estranxeiro, a familia e a avaliación psicopedagóxica.
- Colaborar co departamento do orientación do I.E.S. de Rodeira nas actividades relativas á orientación académico-profesional dos alumnos da E.S.O.


2.3.- En relación co profesorado
- Coordinar o traballo de titorías a asesoralas no desenvolvemento da función titorial, facilitándolles a utilización de técnicas relativas a hábitos de traballo, técnicas de estudio, programas de ensinar a pensar, dinámica e xestión de grupos, entrevista, sociogramas, convivencia, etc.
- Asesoralas en cuestións de organización e agrupamento de alumnos, actividades de reforzo, temas tranversais, técnicas de estudio, etc.
- Colaborar co profesor de P.T., a profesora de A.e L. e a profesora de apoio ao alumnado estranxeiro na avaliación psicopedagóxica, no deseño de plans de reeducación e no seguemento dos alumnos implicados.

2.4.- En relación coas familias
- Orientar ás familias do alumnado de forma individual ou colectiva para que asuman de forma responsable a educación dos seus fillos.
- Contribuir á súa formación como adultos con responsabilidade educativa.

3.- Ámbitos de actuación

3.1.- Atención á diversidade
Obxectivos.
- Colaborar na prevención, detección e intervención das dificultades educativas no alumnado.
- Asesorar e apoiar ao profesorado na atención á diversidade.
Actuacións.
– Colaboración na organización da aula de apoio e na aula de apoio ao alumnado inmigrante.
– Avaliación psicopedagóxica preventiva do conxunto do alumnado, para axudar ós titores na detección de necesidades educativas especiais. No segundo trimestre levaranse a cabo unhas probas xerais de capacidades xerais en 2º, 4º e 6º de Primaria.
– Colaboración na elaboración e avaliación das A.C.Is.
– Seguemento de alumnos novos, repetidores e con dificultades.
– Mellorar nas dotacións do departamento, no referente a materiais de apoio, probas diagnósticas, bibliografía.
– Colaboración cos Servizos Sociais do concello de Cangas na execución dos plans de carácter social e educativo, prestándolle especial atención ao seguemento do alumnado que acude ao servizo municipal de estimulación e ao alumnado de familias en situación de risco social.

3.2.- Apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe
Obxectivos.
- Facilitar ao profesorado técnicas e instrumentos relativos á mellora do proceso de ensino.
- Levar a cabo accións que melloren no conxunto do alumnado o proceso de aprendizaxe.
Actuacións.
– Continuidade do programa de coordinación entre os centros de primaria de Castrillón e A Rúa co IES Rodeira. Está pendente de determinar o enfoque e as cuestións obxecto de coordinación entre os centros implicados.
– Colaborar no tema núcleo que o centro decidiu para o presente curso escolar, centrado nos inventos e descubrimentos.
3.3.- Acción titorial
Obxectivos.
- Facilitar ao profesorado a realización do plan de acción titorial.
- Colaborar co profesorado na elaboración das programacións didácticas adecuadas ao noso contexto curricular.

Actuacións.
- Colaboración coas titorías na organización, desenvolvemento e avaliación do reforzo educativo. Tras a experiencia dos cursos pasados proponse establecer o programa de reforzo educativo tras a avaliación inicial no conxunto dos cursos de primaria, unha vez cumprimentada a petición por parte do titor e tendo en conta a disponibilidade de profesorado.
- Continuar co programa de adaptación ao centro do alumnado que se incorporará ao primeiro curso de Educación Infantil, que se levaría a cabo no terceiro trimestre.
- Avanzar na confección dun programa de acción titorial.
- Colaborar coa Comisión de Avaliación Diagnóstica, tanto na execución das probas de avaliación como na preparación do alumnado para a realización das mesmas.


3.4.- Madurez vocacional e orientación académica
Obxectivos.
- Preparar ao alumnado de 6º de Primaria para a súa incorporación á E.S.O. e a elección de itinerarios educativos acordes cos seus intereses e capacidades.
- Facilitar ao alumnado de Educación Infantil a súa transición a 1º de Primaria.
Actuacións.
- Información sobre sistema educativo a cargo dos titores e o Departamento de Orientación.
- Realización de actividades de coñecemento de si mesmos, que permitan ao alumnado de 6º de Primaria ser conscientes das súas posibilidades e limitacións.
- Continuar co programa de transición e adaptación do alumnado de primaria á secundaria obrigatoria.
- Actividades de información ás familias.
- Posta en marcha do programa de transición do alumnado de Educación Infantil á Educación Primaria, con actuacións específicas co alumnado, o profesorado e as familias.

3.5.- Asesoramento e formación
Obxectivos.
- Proporcionar ao profesorado e ás familias asesoramento e formación en temas psicopedagóxicos.
Actuacións.
- Colaborar co Observatorio de Convivencia na execución do seu plan de traballo anual.
- Propoñer na Comisión de Coordinación Pedagóxica iniciativas informativas e formativas relacionadas coas novas propostas curriculares en materia de competencias.  
- Colaborar na elaboración e confección da revista escolar do centro A Gamela.
- Colaborar co programa de Mellora do Éxito Escolar.
- Colaborar coa ANPA nas actividades formativas específicas, intentando que a  Escola de Nais e Pais -dinamizada polo concello- teña continuidade no noso centro. Apúntase como un dos asuntos que o propio centro poidese suxerir ao dinamizados da Escola o asunto das competencias relacionadas co desenvolvemento e a autonomía persoal.
- Promover algunha acción formativa específica coas nais e pais de alumnos, en colaboración coa ANPA, para abordar cuestións de actualidade educativa e de atención á infancia.
- Atención ás demandas de asesoramento psicopedagóxico realizadas polas familias e o profesorado.