Inicio curso escolar 2020-2021
INICIO CURSO ESCOLAR 2020-2021
Estimadas familias:
A vindeira semana comezará o curso escolar 2020-2021. Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Consellería de Educación, a incorporación do alumnado producirase de xeito gradual:
O xoves, 10 de setembro, incorporarase o alumnado de:
4º de Ed. Infantil (3 anos) (*)
5º de Ed. Infantil (4 anos)
1º, 2º e 3º de Ed. Primaria (**)
*O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) irase incorporando paulatinamente seguindo o período de adaptación.
(**) Neste primeiro día, o alumnado de 1ºA incorporarase ás 09:30 e o de 1ºB farao ás 09:45 para escalonar a súa entrada.
O venres, 11 de setembro, incorporarase o alumnado de:
6º de Ed. Infantil (5 anos)
4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
Desta maneira, o venres día 11 xa estaría incorporada ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.
O vindeiro luns colgaremos na páxina web do centro máis información sobre a organización deste curso (entradas e saídas, recreos diferenciados, itinerarios, comedor e demais medidas de adaptación ao contexto da Covid 19).
Agradecemos a vosa comprensión!