Saídas didácticas

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º DE E.P.

 

O pasado mércores, 20 de decembro, o alumando de 4º de EP percorreu un pequeno treito do Camiño Inglés, en concreto, un anaco que pasa por Poulo. Desta maneira, puideron comprobar por eles mesmos algunhas das aprendizaxes adquiridas na actividade “O xogo da oca do Camiño Inglés”, que se desenvolveu no cole fai un mes.

 

 

LEITE NA ESCOLA

 

รูปกล่องนมเวกเตอร์ภาพประกอบ PNG , ภาพตัดปะนม, นม, วัวภาพ PNG และ เวกเตอร์  สำหรับการดาวน์โหลดฟรี | Desenho de gato fácil, Aulas de desenho para  crianças, Desenhos de alimentos

A partir do mércores 8 de marzo e durante 20 días lectivos, todos/as os/as alumnos/as, que o desexen, disporán cada día dun cartón pequeno de leite para beber no recreo.

 

VISITA Á CASA DOS PEIXES. 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Nos últimos días no centro estamos tendo unha actividade frenética.

Desta vez tocoulles aos nenos e ás nenas de 5º e 6º de Educación Infantil visitar o Aquarium Finisterrae da Coruña.

Non todos puideron ir ver as focas, porque o tempo non acompañou o primeiro día, pero todos e todas viron a Gastón, coñeceron máis acerca das medusas, dos cabaliños de mar, dos ourizos e de tantas e tantas especies mariñas...

 

E, como cada vez que imos... encantounos!!!

PARQUE DE BOMBEIROS DE A CORUÑA. 5 ANOS.

Os nenos e as nenas de 6º de Educación Infantil tiveron a sorte de poder visitar o Parque de Bombeiros de A Coruña.

Coñeceron todas as instalacións, a indumentaria, o centro de recepción de chamadas e ata puideron empregar unha mangueira de verdade.

Foi unha visita moi interesante e da que aprendemos moitas cousas novas!!


Grazas a todos os bombeiros que nos acompañaron na visita!!

E grazas pola gran labor que facedes por toda a poboación!!

 

 

O ALUMNADO DE 5º DESFRUTA DUNHA VISITA Á FERVENZA DO TOXA

Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria, pasárono en grande na súa excursión de fin de curso.

Foron á Fervenza do Toxa!

Premede aquí para ver un breve vídeo da fervenza... 

5ºA

5ºB

5ºC

 

 Aventura, natureza e diversión para rematar o curso...!!

 

AS TRES CLASES DE 6º DE E.P. VAN A NATURMAZ

O alumnado de sexto de primaria despide o curso escolar en Naturmaz o 20 de xuño  . Foi unha gran experiencia e un día inesquecible. Desexámoslles moita sorte na nova etapa.

 

 

 

 

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA VAI A NATURMAZ

Para rematar o curso, o alumnado de 2º de Educación Primaria foi a Naturmaz. Alí levaron a cabo moitos talleres e obradoiros e viñeron encantados/as!!!

Premede aquí para ver algunhas imaxes en movemento destes fermosos animais...

 

 

 

 

O ALUMNADO DE 1º VISITA O ACUARIUM FINISTERRAE DA CORUÑA

Os cativos e cativas de 1º estiveron na Coruña. Foron visitar o Acuarium Finisterrae e, como cada vez que vai un grupo de cativos/as, viñeron encantad@s!!

 

 

 

 

4º DE E.P.VISITA O ECOPARQUE ATALAIA EN COTOBADE

O alumnado de 4º de Educación Primaria, acompañado das súas mestras: Sandra Montero, María Jesús Pais e Alba Brandariz, foi de excursión de fin de curso ao Ecoparque Atalaia.

Mirade que ben o pasaron... as imaxes xa o din todo!!

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VAI VER UNHA PELI AO NUMAX

Os cativos e cativas de Educación Infantil foron, en tres días diferentes, a Santiago de Compostela a cinco curtametraxes de "As aventuras de Toupiña" ao NUMAX.

Para moitos e moitas deles foi un día moi especial, xa que non sempre se pode ir ao cine acompañado/a dos/as teus/túas compañeiros/as de clase!!