Taller de reciclaxe
O venres 24 is alumnos de 4ºA participaron nun taller de "RECICLAXE TECNOLÓXICA CREATIVA". A actividade consistía en crear elementos que podemos atopar nunha cidade a partir de pezas de obxectos tecnolóxicos obsoletos.
Pensando que podemos facer...
Despezando obxectos...
O tempo do taller rematou e os nosos proxectos quedan pendentes de que os rematemos na clase
ARRANCA O CLUB DE CIENCIA
O LABORATORIO DE CASTELAO
Onte deu comezo o Programa de Innovación educativa "Club de
Ciencia". Nel participan alumnado de 3º,4º e 5º de Primaria que
levarán a cabo diversas investigacións e experimentos científicos.
Nesta primeira xornada ademáis de coñecer que é o método
científco tamén deu tempo a realizar dous experimentos:vermes
bailaríns e o vomitador.
Nas seguintes imaxes podedes ver un pequeno resumen desta
primeira xornada:
Para rematar o alumnado que asistiu a esta primeria xornada ten
que deseñar o logo do laboratorio. Teñen de prazo ata o 11
de decembro.
XA ESTAMOS DESEANDO
QUE CHEGUE
A SEGUINTE XORNADA!!
Colocación do Belén
O alumnado de relixión de 5º de primaria foi o encargado de montar o Belén este curso. Podedes ver as fotografías dos nenos e das nenas en plena tarefa.
25 de novembro Día Internacional da Elminación da Violencia contra as Mulleres
O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Elminación da Violencia contra as Mulleres e, entre outras actividades, fixemos un lazo xigante con todo o alumnado do centro.
Visita á oficina de Correos de Ordes
O venres 17 de novembro o alumando de 3º de primaria visitou a oficina de Correos de Ordes. Alí explicárolle o funcionamento do servicio postal, puideron enviar unha carta e aínda paparon algún caramelo.
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
A CONTA ATRÁS NO CASTELAO
Este ano estamos de celebración no noso colexio.
Celebramos o seu 50 aniversario!
Para conmemorar esta significativa data convidámosvos a
participar NA CONTA ATRÁS para as vacacións.
Como podedes participar?
Pois contándonos cousiñas que vos pasaban cando erades
pequenos/as e iades á escola, como por exemplo:
- Cancións de xogos que faciades.
- Anécdotas que pasaron.
- Contos.
- Trabalinguas.
- Actividades que vos gustaban.
- Costumes propias do voso centro ( no Nadal, Entroido, fin
de curso...)
- Tamén podedes enviar fotografías.
Todo isto pode ser tanto relacionado co colexio Castelao
coma con calquera outro centro escolar.
Para enviar esta información pode ser en
formato vídeo, imaxe ou en documento escrito ao seguinte
correo:
biblioteca.ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal
Para calquera dúbida podedes enviar a vosa pregunta
ao correo mencionado anteriormente ou chamando ao
teléfono:881 88 08 81
ANIMÁDEVOS!!!
VOLVEDE Á INFANCIA!!!
A OCA DO CAMIÑO INGLÉS
A OCA DO CAMIÑO INGLÉS
O mércores 15 e o xoves 16 o alumnado de 3º e 4º de Primaria
tiveron a oportunidade de xogar ao Xogo da Oca do Camiño
Inglés que pretende sensibilizar e difundir os valores desta ruta
de peregrinación.
ADEMAIS DE APRENDER
MOITAS COUSAS
SOBRE O CAMIÑO INGLÉS
PASÁMOLO MOI BEN!!
CLUB DE CIENCIA
CLUB DE CIENCIA: "O LABORATORIO DE CASTELAO"
O CEIP ADR CASTELAO vén de ser seleccionado para participar no programa de innovación educativa "Club de ciencia".
O noso club de ciencia nace cos obxectivos de mellorar a competencia científico-tecnolóxica do noso alumnado e cautivar o interese dos nenos e nenas na ciencia e, en futuras vocacións científicas.
A proposta de traballo para este curso escolar xira en torno ás seguintes actividades.
- Realización de experimentos de laboratorio que non son factibles de realizar na aula no horario habitual.
- Posta en práctica do modelo científico para que o alumnado entenda e atope a explicación científica (física, química, biolóxica, matemática,...)
- Charlas de investigadores/as sobre a súa carreira científica.
- Realización dunha feira científica onde o alumnado do club de ciencia realizará e explicará prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso a outros membros da comunidades escolar: compañeiros, pais,...
O club de ciencias oferatarase a todo o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria en horario de 15:30 a 17:30 horas en mércores alternos.
Comezamos o 29 de novembro de 2023.
Para inscribirte na primeira sesión debes cubrir o seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScerJa_YU1lJJmQpuHP5KdD9ioysmnQLaGgT0S9033uVW0rog/viewform?usp=sf_link
A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición. Contamos con 20 prazas para cada día.
Estade atentos á web do centro, onde iremos publicando as vindeiras datas e formularios de inscrición.
ESPERÁMOSVOS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »