Skip to Content

Transporte escolar ordinario e Transporte excepcional 2023-24 (Pedrafigueira-Vilar de Carnota)

Coa fin de axustarse aos prazos para a xestión do transporte escolar para o curso 2023-24, abrimos o prazo para solicitar o uso do transporte para o alumnado de paradas a menos de 2 km do centro, Pedrafigueira e Vilar de Carnota, que teñen a consideración de paradas de uso extraordinario e polo tanto necesitan ser solicitadas tódolos anos, dado que se conceden por curso académico.

Poden descargar o formulario ou solicitalo ao centro, e deberán entregalo antes do 20 de xuño, coa finalidade de poder ter resolto a comezos de xullo a asignación de ditas paradas de uso extraordinario.

Clicar para descargar o formulario SOLICITUDE DE USO EXTRAORDINARIO

Deberán presentar as solicitudes, para o alumnado usuario das paradas de Pedrafigueira ou de Vilar de Carnota.

No caso do alumnado de uso lexítimo (parada a máis de 2 km con domicilio dentro da área de influencia do centro) que por motivos de cambio de domicilio ou necesidades de conciliación, e só si necesitaran modificar a parada que empregan no presente curso para o curso vindeiro, pregamos que realicen a solicitude, de ser posible, no mesmo prazo, coa fin de realizar o trámite no prazo que o Servizo de Transporte ten aberta a aplicación transporteescolar para realizar as modificacións.

Clicar para descargar o formulario: CAMBIO DE PARADA

AdxuntoTamaño
solicitudeexcepcional23-24.pdf182.24 KB
solicitudecambioparada23-24.pdf170.47 KB


page | by Dr. Radut