Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
Desde a aula de inglés fíxose unha presentación sobre o concello de Nigrán e o noso cole.
Os nenos e as nenas de 6º fixeron este fermoso traballo no que estudaron o censo do concello de Nigrán.
Aquí tedes un pequeno resumo do que foi a exposición dos traballos feitos para o proxecto "Nigrán desde Vilariño".
XA TEMOS GAÑADOR DO CONCURSO DE RECANTOS DE NIGRÁN. TRÁTASE DE DAVID VALVERDE DE 5º.
NORABOA!!!
Un ano máis , dende o centro propoñémonos realizar un proxecto de traballo común a todas as etapas e ciclos.
No presente curso 2014-2015 imos estudar o noso concello, “NIGRÁN desde VILARIÑO”, atendendo as súas singularidades, a distribución xeográfica (parroquias), os seus sendeiros, a costa, os costumes, os personaxes relevantes, o seu patrimonio, os xogos tradicionais etc…
En resumo, o noso propósito é que o fin deste ano académico toda a comunidade educativa coñeza mellor e valore este fermoso recanto de Galicia que todos e todas compartimos.
Para comezar nesta andaina queremos retar a todas as familias a participar nun certame de fotografía que chamaremos “RECANTOS DE NIGRÁN”.
BASES DO CERTAME DE FOTOGRAFÍA “RECANTOS DE NIGRÁN” |
1. Cada familia poderá presentar un máximo de dúas fotografías. |
2. A fotografía debe ser orixinal* e estará tomada expresamente para o certame. *( Non se admitiran copias ou montaxes). |
3. Debe ser tomada en algún lugar do concello de Nigrán, preferiblemente no exterior, aínda que poden aceptarse aquelas fotografías tomadas no interior de algún edificio con interese histórico ou patrimonial. |
4. Na fotografía non aparecerán persoas, pero si obrigatoriamente deberá aparecer unha galiña en volume de cor azul coas ás vermellas. A proposta plástica e elaboración da galiña é libre en tamaño e materiais. |
5. As fotografías deben ser presentadas en formato dixital. As recolleremos de dúas maneiras: - Nunha chave de memoria USB (pendrive), a través do/a titor/a. - Na dirección de correo electrónico: ceipcarloscasares@gmail.com |
6. Cada fotografía virá acompañada dos seguintes datos: - Titulo ou pé de foto. - Nome do alumno/a que a presenta. - Lugar onde foi tomada. |
7. A data límite de recollida das fotografías será o 28 de Febreiro do 2015. Ampliamos o prazo ata o 27 de marzo. |
8. A fotografía gañadora será elixida mediante votación na “Xornada de portas abertas”na que toda a comunidade educativa terá dereito ao voto. |
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!