« Maio 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

Horta Familiar

Proxecto de traballo do Ceip Carlos Casares para o curso 2013-2014

A HORTA FAMILIAR

 

  • O vindeiro ano 2014 será o ano Internacional do da “Agricultura familiar”.

    Dende o centro propoñémonos realizar un proxecto de estudo común a todas as etapas e ciclos relacionados coa horta familiar, partindo do coñecemento do entorno próximo e rural de Galicia.

    Os principais obxectivos para o desenvolvemento deste proxecto son:

    • Dar a coñecer e valorar as relacións entre o medio natural e as actividades humanas.

    • Valorar a importancia da agricultura familiar no desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia.

    • Fomentar o interese pola terra como fonte de vida e desenvolver o interese polo seu coidado.

    • Valorar a importancia do consumo de alimentos frescos e saudables, fronte a modos de consumo desequilibrados e malgastadores. 

 

 

AS VERBAS DO AGRO CON BALBINO

O alumnado de 6º realizou unha curta de animación como tarefa para a exposición da "Horta familiar", na que estudaron vocabulario relacionado co agro e presentárono a través de Balbino, o protagonista do libro Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Así completan, tamén, as actividades propostas para o outro proxecto de "Apadriñamentos", estudando o seu padriño de aula e coñecéndoo un pouco máis.

 

 

 

REFRÁNS DA HORTA

Os nenos e nenas de 4º fixeron un libriño para a biblio do cole con refráns relacionados co clima e coa horta. Aquí tamén o temos como libro issuu.

 

CALENDARIO DA HORTA

Hoxe, no cole, tivemos a xornada de portas abertas para ver a exposición dos traballos realizados por todo o alumnado para o proxecto da "Horta familiar". A verdade é que traballaron moitísimo. Algúns deses traballos os temos en soporte dixital como por exemplo este libro issuu do Calendario da horta que fixeron os nenos e nenas de 5º.

O PAN DE LANDRA

Continuando coas actividades do proxecto da agricultura familiar, nesta semana tivemos unha actividade moi interesante.

Hugo, Borja e Raquel de 2ºB, nos explican en que consistiu a visita de César Lema e Patricia.

  

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O pasado 8 de marzo, con motivo da celebración do "Día da Muller", recibimos no colexio unha visita moi especial.

Dúas nais e unha avoa do colexio viñeron falarnos do seu traballo no campo e na horta. Foi unha experiencia moi enriquecedora da que aprendemos moito.

Resumimos esta experiencia neste pequeno vídeo que esperamos que vos guste!

Presentación E. INFANTIL e 1º ciclo

En venres e 13 presentamos aos nenos e nenas de EI e 1º ciclo o proxecto da “Horta Familiar”.

Agora toca desfrutar das cancións que acompañaron a presentación.

 

Moitas grazas ao grupo Migallas  e a Paco Nogueiras Nodar por crear unhas composicións tan chulas para aprender!

 

Aquí tedes algunhas fotos da obra de teatro que prepararon as "profes". Que divertida! e que rico estaba o pan de millo!

 

PROXECTO "A HORTA FAMILIAR"

Este curso, traballaremos desde o colexio un proxecto titulado "A horta familiar".

O xoves, día 5 de decembro, tivo lugar a presentación para o alumnado dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. A "profe" Ana Domínguez explicounos cousas moi interesantes, e a continuación Xurxo Mouriño profundizou máis no tema da agricultura ecolóxica. Agora xa sabemos a diferenza entre agricultura industrial e agricultura familiar, entendemos que é o desenvolvemento sostible, comprendemos a importancia de establecer un calendario de cultivos para non agotar a terra, clasificamos os cultivos segundo comamos o froito, a folla ou a raíz... e moitas cousas máis. E iso que isto non fixo máis que empezar!

A terra proporciónanos a base da nosa enerxía: sen os produtos agrícolas, non poderiamos medrar, nin pensar, nin correr... Por iso debemos amar a terra, coidala, protexela e aprender a cultivala de xeito sostible.

Logo, saímos ao patio cuberto para plantar en botellas sementes e bulbos: macela, fressias, crocus, capucina, nébeda, caléndula e pirixel. Máis adiante, faremos con todas elas un xardín vertical. 


FORMULARIO PARA O ALUMNADO DO 2º E 3º CICLO