You are hereConvocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares. Curso 2024-2025

Convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares. Curso 2024-2025


By quirogapalacios - Posted on 22 Maio 2024

 A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, na sesión ordinaria celebrada o 13 de maio de 2024, aprobou a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo) de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do concello de santiago de compostela, para o curso 2024-2025.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas poderán presentar a solicitude:
- Por por medios electrónicos: a través da sede electrónica do Concello sede.santiagodecompostela.gal
- Presencialmente: no Rexistro Xeral do Concello de Santiago situado na rúa do Presidente Salvador Allende 4-baixo.
- En calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Mais información aquí

 

AdxuntoTamaño
BOP.pdf571.9 KB
BASES.pdf334.73 KB
IMPRESO.pdf1008.38 KB

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 24-25

 

Libros de texto

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA