Skip to Content

SOLICITUDES DO COMEDOR E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO

O prazo para solicitar praza no servizo de comedor comezará o vindeiro 20 de xuño e rematará o día 30 do mesmo mes coincidindo coa formalización de matrícula do alumnado de nova incorporación ao centro escolar. Todo o alumnado que desexe praza no comedor debe presentar a solicitude na secretaría do centro nestas datas en horario de 9 a 14 horas, incluído o alumnado usuario neste curso escolar 22/23.

Podedes descargar o documento de solicitude de comedor como de formalización de matrícula nesta mesma publicación, así como os criterios a seguir para a admisión no comedor.

NO DOCUMENTO DE COMEDOR FARASE O CÁLCULO COA ÚLTIMA RENTA REALIZADA. GRAZAS. (Hai un erro que pon renta 21)

Formalización de matrícula para novo alumnado: do 20 ao 30 de xuño.

AnexoTamaño
ANEXO III-1 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA INFANTIL E PRIMARIA.pdf180.34 KB
Circular comedor (1).pdf35.23 KB
SOLICITUDE COMEDOR .pdf166.78 KB
Documentación necesaria.pdf249.67 KB


blog | by Dr. Radut