LIBROS DE TEXTO 2022- 2023
Listaxe de libros de texto para o vindeiro curso, 2022- 2023.
*29/06/22 cambio libro 1º primaria
O ISBN do libro de Relixión Católica de 3º de Primaria que aparece na listaxe é incorrecto. O novo é 9788414301746. Non deben compralo ata empezar o curso e falar coa mestra.
Calendario prazos FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Fondo Libros
Publicación listaxe provisional : 4 xullo (no taboeiro de anuncios interior do centro)
Reclamacións a listaxe provisional: 5-6 xullo
Publicación listaxe definitiva : 7 xullo (no taboeiro de anuncios interior do centro)
Entrega de libros do fondo: A primeira semana lectiva de setembro
Axudas libros e material
Entrega de vales de libros de texto e material: 7-8 xullo de 10:00 a 13:30 (as familias que non recollan o vale nestas datas terán que esperar ata setembro para recollelo).
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2022-2023.
O alumnado admitido no centro deberá formalizar a matrícula no seguinte prazo:
Dende o 20 ata o 30 de xuño (ambos inclusíve)
Documentación necesaria e impresos adxuntos
BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NEAE
Aberto o prazo para solicitude de bolsas para alumnado con NEAE ate o 30 de setembro. Estas bolsas están dirixidas a alumnado que necesita determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén a alumnado con TEA ou con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
A convocatoria pode consultarse no seguinte enlace:
AXUDAS CONCELLO DE LUGO PARA O SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Vén de publicarse no BOP as bases polas que se regulan as axudas para a adquisición de libros de texto e material educativo para alumnado de segundo ciclo de educación infantil (4º, 5º e 6º de infantil), matriculado en centros sostidos con fondos públicos do Concello de Lugo.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 18 de maio de 2022, a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022-23.
Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño.
premer na imaxe para acceder á orde
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Alumnado matriculado en 3º, 4º de educación primaria.
O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) dos cursos de 5º e 6º de educación primaria, está excluído da participación do fondo solidario dos libros de texto.
AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO
Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Alumnado de todos os cursos de educación primaria.
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude de participación (Anexo I)
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.
As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados (ED330B anexos I e II) nos seguintes enlaces:
- na aplicación da Consellería de Educación FONDOLIBROS
- na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia
- ou de forma presencial na SECRETARÍA do centro onde estén admitidos para o curso 2022-2023, presentando os seguintes impresos, que tamén estarán a disposición no centro:
HORARIO SECRETARÍA
LUNS de 11:00 a 11:45
MARTES 24 e 31 de maio de 16:00 a 17:00
MÉRCORES de 12:15 a 13:00
XOVES de 9:00 a 9:45
VENRES de 10:00 a 10:45
Listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído para o curso 2022/2023
As listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído para o curso 2022/2023 estarán expostas no taboleiro interior do centro dende o día 13 de maio ás 14 horas.
Tamén poderán acceder ás listaxes definitivas a través da aplicación "Admisión Alumnado" empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre.
A matrícula do alumnado admitido realizarase do 20 ao 30 de xuño.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023
O prazo para facer a solicitude de admisión de alumnado será do 1 ao 21 de marzo.
NORMATIVA ADMISIÓN ALUMNADO:
DECRETO 13/2022, do 13 de febreiro ( DOG 11/02/2022 )
ORDE 12 de marzo de 2013 ( DOG 15/03/2013 ) Vixente en todo o que non sexa incompatible co novo Decreto.
ORDE 25 de xaneiro de 2017 ( DOG 01/02/2017). Vixente en todo o que non sexa incompatible co novo Decreto.
ORDE 18 de decembro de 2020 ( DOG 22/12/2020 ). Vixente en todo o que non sexa incompatible co novo Decreto.
- APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO
POSTOS ESCOLARES VACANTES. CURSO 2022/2023 (PENDENTE DE APROBACIÓN DEFINITIVA POLA XEFATURA TERRITORIAL ANTES DO 1 DE MARZO)
ENLACE Á INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN NA PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »