24F: ELA FOI ROSALÍA.

En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega celebramos o Día de Rosalía. Para iso, cada clase elaborou e estampou na flor do toxo un adxectivo adicado a escritora, que presentamos a modo de xogo de "Aforcado".

Previamente o alumnado coñeceu o manifestó feminista da escritora “Lieders” que aínda que é doutros tempos pasados segue a ter conetacións moi actuais. Ademais cada clase traballou con poemas onde Rosalia fala das mulleres en diferentes facetas e situacións, que a escritora tratou de reivindicar. Para representar o contido destos poemas xs nenxs elaboraron distintos caligramas orixinais para homenaxear a nosa referente literaria.

Álbum: Curso 2020-2021 -> 24F ROSALIA

11F DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: A CIENCIA CON GALEGAS!

Dende Falemos delas unimonos ao movemento “No more Matildas”, para dar forza o papel das mulleres na ciencia. 

Para iso tratamos de concienciar ao alumnado coa aportación de moitas mulleres neste eído.

Traballamos nas aulas con diferentes recursos tanto libros presentacións ou mesmos vídeos,  que podedes ver no seguinte link:

https://www.youtube.com/watch?v=Fx0ztzf-2V0

Con algúns libros como “Inventoras” coñecimos distintos inventos moi útiles que foron creados por mulleres. Para facelo de forma máis lúdica fumos lendo cada invento sen dicir de que se trataba para que o resto do alumnado adiviñará. Así coñecimos como detrás do xogo do “Monopoly”, da xeringa, ou do limpaparabrisas, entre outros,  existe unha muller.

Para rematar e facer a nosa aportación o alumnado de 4º elaborou un xogo tipo “quen é quen”, despois de facer exposicións cos seus traballos, para dar a coñecer o traballo de distintas mulleres galegas na ciencia tanto no pasado como no futuro.

Álbum: Curso 2020-2021 -> 14F NENA E MULLER NA CIENCIA

Día do libro

 

Dende o CEIP Benigno Quiroga Ballesteros queremos desexarvos un FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> DÍA DO LIBRO

UN ENTROIDO CON MARUJA

Este Entroido coa pandemia non podemos desprendernos da máscara. Aínda así tratamos de celebrar estas festas dun modo diferente para adaptarnos aos tempos.

Indagando en artistas que traballaron as máscaras eliximos a Maruja Mallo para protagonizar os nosos  “Mandadiños”  e aproveitar para dar recoñecemento a artista lucense.

Demos a coñecer ao alumnado a súa traxectoria a través de libros e facendo búsquedas en internet, ao mesmo que con vídeos como o do enlace. 

https://www.youtube.com/watch?v=wPpFDFpJLJs

 

Así dende  “Donas de si” e en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixemos a seguinte proposta ao alumnado que participou orixinalmente cos seguintes mandadiños. Uns mandados que parten tanto da obra como da vida de Maruja e que ademais foron o enlace para dar sentido a outros valores relacionados coa igualdade traballados ao longo desa semana. 

Deste xeito programamos por días: 

 

  • Día 1 “Pintadas as uñas poderás levar e o millo verás medrar”

O alumnado trae pintadas as uñas ao colexio. Dando a coñecer a obra “Sorpresa do millo”, e relacionando ademais cos prexuízos aos que se enfrontan os nenos. Para o que empregamos a lectura: “Vivan las uñas de colores”.

  • Día 2  “Unha flor para adornar nunca vai sobrar”

O alumnado trae unha flor como adorno na vestimenta ou no pelo relacionando polo cadro de “Natureza viva con rosa”

  • Día 3 “Busca que levar para poder alegrar”

 A través da observación da obra “A verbena” elixiron un elemento decorativo ou chamativo para levar posto

  • Día 4 “O sombreiro traerás para poder deixar”

O alumnado trouxo un sombreiro feito con materiais de refugallo en honra ao movemento “As Sensombreiro” das que formou parte Maruja. Despois estos sombreiros quedaron expostos nalgunhas aulas como  homenaxe a artista.

  •  Día 5 “Libre serás e a máscara levarás”

Neste día o alumnado  disfrazouse ao seu gusto, a cambio levou do centro unha máscara realizada nos días previos partindo de parte da temática da obra da artista. 

 

E así rematamos o Entroido coñecendo a unha artista referente da que seguiremos investigando ao longo do curso!

Álbum: Curso 2020-2021 -> MARUJA MALLO

VACINA EN IGUALDADE PARA FACER CAMIÑO!

O alumnado de 4º EP resultou gañador do IV Concurso de Carteis para o Día Intenacional da Muller da Xunta de Galicia. Recibiron o segundo premio da primeira categoría.

 

Un traballo onde mesturaron a ilusión pola vacina coa necesidade de igualdade. Neste cartel participou todo o alumnado, tendo en conta que foi composto en diferentes partes, dende o fondo onde dispararon coa pintura violeta cada nex simulando vacinar en igualdade, despois crearon diferentes símbolos, o mesmo cos lemas e con outros detalles que foron combinados creando como produto final este cartel.

Para recoller o premio acudimos a Cidade da Cultura de Santiago con dous representantes da clase, xa que polas restriccións actuais non puidemos acudir todxs, pero o acto foi seguido con moito interés por todo o alumnado do centro.

Para finalizar con todo esta experiencia e poder difundir “Vacinando en Igualdade para facer camiño”, o veneres antes do 8 de Marzo cada nenx do centro levou un cartel coa misión de expoñelo nun lugar da nosa cidade. Deste xeito extendimos a nosa mensaxe por todos os recantos da nosa cidade e pola nosa parte difundimos tamén o apoio a todos esos establecementos que cren como nós nesta idea de igualdade tan necesaria. 

 

Compartimos con vós o vídeo  onde aparecen os carteis en diferentes entornos dende o hospital, librarías, tendas, cafeterías… ata camións!

 

Moitas grazas comunidade!

A nosa vacina xa está en marcha.

 

(PREMEDE na imaxe para VISUALIZAR O VIDEO)

 

ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. RESERVA DE PRAZA/SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2

01/02/2021 14:12

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para CONTINUAR ESTUDOS DA ESO no I.E.S. Xoán Montes, FOI ADMITIDO.

 


Este é o proceso a seguir para a matriculación do alumnado:
O prazo de matrícula abrangue dende o 25 de xuño ata o 10 de xullo.

Todos os documentos necesarios terán que ser descargados dende a web do I.E.S. Xoán Montes, onde aparecerá toda a información relativa ao proceso de matrícula.

 


Para calquera dúbida relativa a este proceso, póñanse en contacto co I.E.S. Xoán Montes.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxoanmontes/node/915

 

Teléfono: +34 982870407  Fax:+34 982870417  Correo electrónico: ies.xoan.montes@edu.xunta.es

 

Enderezo postal: IES Xoán Montes,  Rúa Montevideo s/n, 27001 Lugo

 

 

 

Así mesmo, si precisan axuda ou orientacións de calquera tipo, non dubiden en poñerse en contacto co noso centro.

 

 

 

Proceso de reserva de praza para o IES XOÁN MONTES (PECHADO)

 

A.As familias que queiran que oseu/súa fillo/fillaestude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES XOÁN MONTES de Lugo,centro deadscricióndo CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro(anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).Pode descargar o modelo nos anexos do fondo

 

B.As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria noutro centro distinto ao IES XOÁN MONTES de Lugoterán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 20 de marzo (anexo II). A solicitude de admisión a presentarán a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén poderán presentar a solicitude de forma presencial no centro que elixiron como primeira opción ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Pode descargar o modelo nos anexos do fondo.

 

ANEXO I Reserva de praza no IES XOÁN MONTES (prazo 11de xaneiro ao 8 de febreiro)

 

ANEXO II Reserva de praza nuncentro DISTINTO aoIES XOÁN MONTES (prazo do 1 ao 22 de marzo).

 

 

 

GAÑADORES NO SEGUNDO PREMIO!

 Estimadas familias!

Compartimos unha boa nova!

O alumnado de 4º de Primaria resultou gañador do segundo premio na primeira categoría do IV Concurso de carteis para o 8M que organiza a Secretaria de Igualdade.

Parabéns!

Así mesmo, anímamos á comunidade a " vacinar en igualdade para facer camiño"!

Podedes ver aquí o cartel!

XUNTAS POLA PAZ: DE MALALA A GRETA

Para a celebración do Día da Paz o centro organizou unha actividade onde participou todo o alumnado. Cada nenx elaboraba a súa propia peza de puzzle que foi encaixando con outras de forma que a unión das distintas partes representa a unión necesaria para dar sentido a este día.

 

 

Para decorar as pezas do puzzle propóñense distintas lecturas ao longo desta semana que fomentan a non violencia como “Imagine” ou “O segredo de Flora”. Dende “Falemos delas” achegamos outra lectura como “O lapis máxico de Malala”. Onde damos a coñecer a historia de Malala Yousafzai e o seu activismo, ademais foi premiada co premio Nobel da Paz. 

 

 

 

 

 

 

Enlazando con esto último, falamos de Greta Thunberg nominada xa dúas veces aos mesmos premios. Debatíamos sobre o seu recoñecemento, sobre a súa aportación, comentamos os dous casos. Facemos así, unha achega de dúas aportacións femininas que loitan por un mundo mellor dende diferentes perspectivas: Malala e Greta.

 

Ademais centramos a atención na necesidade de “protesta” e “manifestación” nos tempos que vivimos para poder conseguir máis dereitos. Desta forma, elaboramos coa imaxe de Greta distintas pancartas con mensaxes pacíficos.

 

 

 

 

 

 

Outras actividades coa imaxe de Greta coloreada ao estilo de arte pop.

 

 

 

Tamén afondando no pensamento ecoloxista de Greta, tratamos de construír instrumentos musicais empregando materiais de reciclaxe.

 

Para todas estas actividades empregamos distintos recursos que a parte de axudarnos para a elaboración das mesmas, xeraron nas aulas importantes debates transcendentais.

 

Vídeos:

 

https://www.youtube.com/watch?v=8SXPoGhGoX8

https://www.youtube.com/watch?v=wVWDTcTTIrs

 

Libros:

 

 

MULLERES DENTRO DO CURRÍCULO! Apoiando a iniciativa de Miriam Varela.

Boas familias!

Apoiando o  recoñecemento  das mulleres en moitos dos eidos que foron ignoradas ao longo dos tempos coñecimos no mes de decembro a loita de Miriam Varela.

Esta rapaza ferrolá, historiadora de arte que puxo en marcha unha campaña que trata de incluír artistas femininas na formación de Arte en Bacharelato logo de comprobar que non existe ningunha muller no currículo  desas materias. 

Deste xeito o noso alumnado pediu a colaboración asinando no seguinte enlace:

 

https://www.change.org/p/ministerio-de-educación-cultura-y-deportes-por-la-inclusión-de-mujeres-artistas-en-el-curr%C3%ADculo-educativo?recruiter=21940511&recruited_by_id=19c940b0-9579-0130-f86b-00221964dac8

Para iso, e difundir a mensaxe elaboramos distintos carteis promocionando esta proposta. Despois eliximos un, que foi o elixido para subir a nosa páxina web e aulas virtuais.

Aquí o cartel elixido:

Para finalizar traballamos coas seguintes lecturas que poñen en valor as dificultades que aparecen nas nenas para poder elixir libremente o que queiran ser polas "pedras" que teñen que soportar. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer