Skip to Content

  ∎  Aula Virtual

    Novas

∎  ∎   Álbum


ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2021-2022

· Calendario :

 Prazo Presentación Solicitudes de Admisión:Do 1 ao 22 de marzo ás 14:00h.(Entregar na secretaría da sede (// Anexo II , ou na aplicación online(2.2.2) , ou na Sede Electrónica( do 1 ao 20 de marzo)// + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

 Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 25 marzo ao de 14 abril ás 14:00h.(cando a demanda de prazas sexa superior á oferta deberase presentar documentación: padrón, ...)

 Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación. 

 Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos:Antes do 15 de maioPrazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.

 Formalización de Matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (presentación do anexo III)

 

 Centro adscrito:

C.P.I .CASTRO BAXOI.

 

 

· Nota informativa:

 1º Cada alumno/a so pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle

 2º O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º O alumnado que ten reservada nun centro (adscrito), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4º A falsidade nos datos achegados poderá determinar a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

5º O C.E.I.P. de Bemantes non dispón de servizos complementarios de transporte nin comedor.

6º Este centro abrande os cursos do segundo ciclo de Educació Infantil e o 1º e 2º curso de Educación Primaria.

· Prazas vacantes ofertadas para o curso 2020/2021:  

5 prazas

 

· Horario de atención e recollida:

Para solicitar más información e entregar toda a documentación deben obrigatoriamente chamar:    981 79 80 68

· Normativa Reguladora:

* Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

* Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

* Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

*Orde do 18 de decembro de 2020 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

*Instrucións da Dirección Xeral de Centros e R.R.H.H. do 24 de febreiro de 2021.

* Resolución do 25 de febreiro de 2021 do sorteo das letras de desempate (1º apelido son as letras "W" e "S"; 2º apelido as letras "B" e "F".)

* Información sobre o baremo.

 

* Información baremo criterio complementario.

Calendario Escolar: Os días non lectivos de libre elección de centro serán o 8 de Xaneiro e o 14 de Maio de 2021.

Este é o calendario escolar para o curso 2020-2021. 

Os días non lectivos de libre elección do CEIP de Bemantes serán o 8 de Xaneiro e o 14 de Maio de 2021. 

Orde do 25 de xuño de 2020

Reunión informativa de principio de curso coas familias: Martes 8 de Setembro

Bos días a todas as familias! Son Emilia, a nova mestra do CEIP de Bemantes e estou encantada de comezares esta aventura convosco. 

Este curso trae moitos cambios e moita incerteza, pero colaborando xuntos de seguro que conseguimos facer o mellor desta situación. 

Antes do comezo oficial do curso, imos ter unha reunión xuntos para presentarme, informarvos de como traballaremos este ano, das medidas que imos tomar este curso e que poidamos solventar todas as dúbidas que de seguro tedes.  

É moi importante que asistades todas as familias (só unha persoa por familia: nai, pai ou titor/a legal) xa que será tamén unha reunión formativa sobre o protocolo COVID que imos seguir. Teredes que traer máscara e un boligrafo propio. Os nenos, neste caso, non poderán asistir á reunión. 

A reunión terá lugar o Martes 8 de Setembro. 

Faremos dúas quendas de 6 familias cada unha: unha en horario de mañá (10:30) e outra en horario de tarde (18:00).

Para escoller a vosa quenda tedes que marcar o horario que queredes completando o formulario que ides recibir no email (se non vos deixa escoller unha das opcións é que xa está chea).  Se tedes algún problema ao facelo non dubidedes en escribir ao correo electrónico do cole. 

Ademáis, mandarei estes días unha enquisa inicial ás familias que agradecería que me contestárades.

 

Unha aperta moi grande a tod@s e vémonos pronto. 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID NO CURSO 2020-2021

Protocolo de adaptación ao contexto da COVID da Consellería de Educación e da de Sanidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut