Skip to Content

Bibliobarqueira

DEREITO DAS NENAS E NENOS

Os nenos e nenas de primeiro,segundo e terceiro de educación primaria saben ben cales son os seus dereitos . Estes pequenos cadernos han recordàrnolo a todos.

 

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

O TRASNO ENSINA A BIBLIO AOS PEQUES DO COLE!

Mirade que atentísimos están os máis peques da escola. O momento dos contos é sen lugar a dúbidas moi importante para traballar a atención. Esta actividade faise especialmente máxica se quen recibe aos nenos e nenas é o TRASNO TROULEIRO.

 

 

A semana pasada parece que aínda estaba algo durmido cando fumos á biblio, pero esta estaba agardándonos nunha silla co conto “Os tres bandidos”. Parece que o noso amiguiño xa empeza a andar pola escola, pois algo pasou tamén nunha clase de primaria…xa vos iremos contando.

TRASNO NA BIBLIO

 

DÍAS DE FESTA


DÍAS DE FESTA

 

Un día cheo de actividades e visitas inesperadas...

ENTROIDO

Estimadas familias:

 

Aínda que este ano non podemos facer unha festa de Entroido como nos anos anteriores, non queremos quedarnos sen facer os “Mandatos do Trasno”, así que ahí van:

 

LUNS: Para que comece a festa, poñede algo divertido na testa.

MARTES: Para que o Entroido continúe con bo pé, dous zapatos distintos has de poñer.

MÉRCORES: Unha camiseta dalguén maior deberás vestir para no Entroido non parar de rir.

XOVES: Se o queredes pasar aínda mellor, tedes que traer xunto todo o anterior.

VENRES: Para non liarvos máis a cabeza, hoxe vide como vos apeteza. 

 

Asemade, o venres daremos os seguintes premios:

-Ao disfraz máis bonito.

-Ao disfraz máis ecolóxico.

-Ao disfraz máis orixinal.

 

Saúdos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut