Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

ACTIVIDADE DO GRUPO TRINKE-TRINKE

Un ratiño chegado de Lonxedetodo visitou a nosa biblioteca e contounos a historia de Riciños de ouro e os tres osos. Entrade e poderedes comprobar canto nos divertimos!!!


CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLE!

Durante a primeira semana de novembro levamos a cabo no cole diferentes actividades relacionadas co Samaín, dende a tradicional decoración de cabazas ata a degustación do "Menú Terrorífico" pasando pola elaboración de caretas.


O equipo de biblioteca colabora nesta celebración levando a cabo unha exposición de libros de medo adaptada ás diferentes idades das nenas e nenos.


Podedes premer nas seguintes imaxes para acceder ás diferentes seccións.


Menú 

 

ESFOLLA NO COLEXIO

O pasado día 26, no patio do noso colexio todos os nenos e nenas parciparon nunha esfollada que foi posible organizar grazas á colaboración de Chente dos Abruñeiros e a súa dona Estrella; con moita amabilidade regalaronos as espigas de millo para que todo o alumnado poidese coñecer o xeito en que  se levaba a cabo fai anos a esfollada, ou esfolla como dicimos aquí en Cerdido.


Primeiro realizáronse traballos nas aulas para buscar información sobre  todo o relacionado coa colleita do millo; a continuación, todos xuntos no patio recordamos e puxemos en  práctica todo o aprendido. Cada neno puido coller a súa espiga, esfollala e gardala para logo levar a cabo na clase traballos manuais  con ela.


Non só nos divertimos senón que poidemos aprender moito sobre este traballo que está practicamente esquecido entre os máis novos que xa non viviron a época en que esta actividade era unha verdadeira festa para todos os veciños que se reunian ás noites para esfollar e ó mesmo tempo parolar, rir e en resumidas contas divertirse nuns tempos en que  a televisión non era habitual nos fogares de Cerdido.


Pódense ver nas imaxes os traballos que realizaron os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria.


 

LETRAS GALEGAS 2010 UXÍO NOVONEYRA

 

Durante a semana das letras galegas foron programadas e levadas a cabo unha serie de actividades co obxetivo de que o alumnado coñecese ao autor homenaxeado e recibise información sobre  esta celebración. As actividades foron as seguintes:

  • Realización dun marca-páxinas en conmemoración do Día das Letras Galegas 2010.
  • Elaboración dun díptico no que se recollían algúns datos da vida e a obra do autor.
  • Concurso de poesías no que os nenos e nenas imitaron a Uxío Novoneyra e realizaron as creacións literarias sobre o tema da natureza e Galicia. Posteriormente foron expostas nos taboleiros móbiles.
  • Mural relativo ao autor ao que se lle adica este ano as Letras Galegas, D. Uxío Novoneira
  • Actividade de animación á lectura na biblioteca do noso colexio. Esta actividade foi realizada coa colaboración do Concello de Cerdido. Rematada a actuación a alcaldesa animou a todo o alumnado á lectura en lingua galega agasallándoos cun libro en galego.

Premede na foto para ver tódalas actividades

 

Distribuir contido


by Dr. Radut