O Samaín xa rematou, pero o espírito aínda perdura polo cole, así que esta semana en plástica, as nenas e nenos de 4°, 5° e 6° fixemos os nosos propios marcapáxinas monstruosos.
Aquí tedes algunhas fotos do noso día de Magosto e Samaín: talleres creativos, busca de pistas e a visita do Trasno Trouleiro e o seu conto "Cogomelos e Pesadelos". Pasámolo xenial!!