Skip to Content

MÚSICA

Todos

Vamos poñer atención ós diferentes temas que sonan nesta obra. Ollade que só nos moveremos cando soe o tema principal . Así que temos que estar atentos.Collede un pano que teñades e a bailar seguindo a música. Deixovos un vídeo de exemplo .

Ocórresevos facer un movemento distinto para cada tema ? Seguro que sí! Enviádeme o vídeo coa vosa interpretación da obra. Fixádevos que para o tema principal ( o que se repite) temos que facer o mesmo movemento, sempre que soe.

Despois de vivenciala, visualizade o musicograma mentras escoitades a obra clic aquí  marcando o pulso en cada debuxo. Ollo ó signo de repetición que aparece , xa que indica que cada tema exponse catro ou cinco veces. Podedes descargalo máis abaixo como adxunto.

 

 

4º,5º,6º

Esta obra é "O reloxo vienés" de Z.Kodály. clic aquí

Zoltán Kodály ( 1882-1967) foi un musicólogo, pedagogo musical e compositor húngaro.

A forma musical desta obra é un rondó. Consiste nun tema principal ( A) ou retrouso,  que se repite  alternado con outros temas ( B,C,D ) ou coplas.

Cal é a estructura deste rondó que acabamos de escoitar ? Fixádevos no musicograma.

Facede o voso propio musicograma sobre esta obra ou outra que queirades .

 

Antía :)

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
musicograma.pdf367.8 KB


page | by Dr. Radut