Skip to Content

VEÑA QUE XA QUEDA MENOS

Por se vamos quedando sen ideas.

PROPOSTA ACTIVIDADE: Teatro de sombras.

Debuxa e corta siluetas en cartulina e pégalles un pao de xeado, palliñas ou algo similar. Apagamos as luces, acendemos unha linterna e a crear a nosa historia!!!!

Incluso podedes grabalo en vídeo e compartir as vosas creaccións con todos nós.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: SALA DE CINE.

Ver unha película en familia pode significar algo máis. Así podemos crear as entradas, inventar un prezo, "cobralo" simbólicamente, numerar as butacas, facer e vender as palomitas e, incluso, poderíamos ter un acomodador. Así, traballamos un montón de conceptos con algo tan básico como descansar e relaxarnos.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: PUZZLES IMPROVISADOS.

 Creamos un puzzle calcando as siluetas de diferentes obxectos. Finalmente, debemos encaixar todas as pezas. A versión máis divertida é se alguén fai as siluetas por nós, e así adicámonos a buscalas por todaaaaa a casa.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: PESCA.

  Fácil e divertido. Enchemos a tina de auga, botamos tapóns e intentamos pescalos con dous paos. Traballo de coordinación e motricidade a topeeee.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE: IOGA

Neste canal de YOGIC podedes aprender a facer ioga xogando ó mesmo tempo que nos relaxamos, algo tan importante neste parón. Anímadevos familias a facer ioga cos nenos e nenas!!!!!

  

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

 



book | by Dr. Radut