Skip to Content

Ciencias Sociais e Plástica 1º, 2º e 3º

Como xa saberedes, durante este trimestre estivemos realizando un traballo de investigación sobre as paisaxes, o noso Concello e a auga neses territorios. Así, pouco a pouco, esta indagación foi derivando nunha reflexión moi ampla sobre catro grandes problemas de contaminación para o noso planeta Terra:

- Os plásticos no mar (altamente recomendable ver o libro "Un mar de plásticos").

- O quencemento da atmósfera, unha das grandes responsables do cambio climático.

- A extincion de especies ("Un magnífico inventario de especies por salvar" igualmente recomendable).

- A deforestación (aínda non esquecimos a plantación de especies autóctonas de cursos pasados).

Así, propóñovos facer uns carteis de concienciación sobre o tema traballado na aula para chegar ó maior número posible de persoas.

Nesta liña, a idea é a seguinte:

- Cada un, libremente, escollerá unha das catro temáticas e traballará sobre o tema en cuestión (na clase xa afondamos neles).

- Realizamos unha investigación sobre carteis de concienciación e os seus formatos para ver as diferentes partes que debería ter o noso.

- Elaboramos un esquema ou deseño sobre o formato que nos gustaría realizar.

- Realizamos un borrador do mesmo (debemos ter en conta cores a empregar, que vai a ir resaltado, tipos e tamaños das letras, que información vamos a incluír, levara imaxes? como as podemos incluir?...).

- Correximos o borrador de posibles erros ortográficos ou gramaticais.

- Elaboramos o cartel tendo en conta o boceto anterior.

 

Á volta do parón, consultaremos se podemos facer realidade os diferentes carteis e imprimilos para esparcilos de verdade. Vergoña Así que, sede creativos e pensádeos ben!!!!

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!

 

 

 

 



book | by Dr. Radut