Skip to Content

#QUEDANACASA Educación Infantil

A estas alturas do conto, coñecemos máis do que quixeramos da historia Chora, pero non é momento de pensar nun mesmo. Así que, por precaución, pol@s nos@s maiores, polas persoas de risco, por colaboración c@s profesionais sanitarios, porque así o consideraron as autoridades sanitarias, para que isto remate canto antes... temos que permanecer na casa!!!

 

Así, durante este parón, iremos subindo actividades, enlaces, vídeos, publicacións... que podan ser do voso interese e que poden axudar ós nenos/as a pasar esta situación con certo orde e tranquilidade. Nesta liña, as actividades son adaptables ós gustos, capacidades , destrezas, habilidades e intereses dos máis pequenos e pequenas e, por suposto, totalmente voluntarias!!

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE 1. Podedes adaptar os materiais ós elementos que teñades pola vosa casa.

Facer xeos con colorante alimenticio. Esperar a que solidifique e empregalos para pintar sobre cartulina.

Tinguir papel absorbente con auga e colorante alimenticio. Observamos as mesturas de cores e a aparición das cores secundarias.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE 2.

  Primeiramente, necesitamos recortar cartulinas ou papeis de diferentes cores (poden e deben facelo os nenos e nenas... así practicamos!). Despois, empregamos clips para realizar unha clasificación, traballando conceptos como "igual - diferente" ou as cores, ó mesmo tempo que favorecemos a motricidade fina.

O mesmo proceso, pero con fabas de diferentes cores. Mesturamos e a clasificar!!!

 

PROPOSTA  DE ACTIVIDADE 3: Vai de contos.

 - Todos os días ás 11:00 no Instagram de @vadecuentos contaránvos un conto. ESTADE ATENT@S!!!

- O colectivo NOGA (de narración oral galega) comparte uns contos con vós na súa canle COLECTIVO NOGA #narracionoralgalega   


 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE 4: RECEITAS.

Vamos a realizar unha receita sinxela (ou non Guiño) en familia!!! Algo que da moitíiiiiisimo xogo para traballar cos pequenos/as.

Así, podemos empezar escribindo o texto instructivo, de forma que os nen@s axuden na redacción do mesmo. Neste sentido, poden escribir palabras clave ou o listado dos ingredientes, mentras que @s pequech@s de 3, unha vez escrita a receita, poden buscar nela as letras do seu nome ou soamente a inicial do mesmo (lembrade escribir en maiúsculas).

Igualmente, traballamos lóxica-matemática, xa que vamos a ter moito que contar, pesar, clasificar, ordear, así como recoñecer e escribir grafías. Podemos aproveitar para traballar o concepto "moitos - pouco", "quen ten máis, quen ten menos", "nada"... ó máis puro estilo ABN.

Nesa liña, podemos adxuntar un debuxo ó texto instructivo para recordalo en futuras ocasións, ou mesmo facer un verdadeiro libro de receitas...(e se as xuntamos todas á volta deste parón??Vergoña).

Finalmente, a cociñaaar e, por suposto, a comeeeeer!!!!

 

MÁIS PROPOSTAS  

- Ler contos, deixando que eles sexan partícipes (escribir o título, debuxar algo que lles gustará, pensar un final diferente, representar entre toda a familia a historia...).

- Lectoescritura:

                      Buscar letras en revistas, contos, carteis, etiquetas de roupa...

                      Recortar letras e escribir o nome propio ou outras palabras (en función de cada nivel) 

- Lóxica - matemática: contar obxectos habituais (se é en actividades reais da vosa diaria mellor. Por exemplo: platos que poñemos na mesa, cantos cubertos...) Igualmente, buscamos números (como na actividade anterior) e identificamos a grafía coa cantidade do mesmo.

 - Artistadas: Recortar con tesoiras cousas de revistas ou xornais e facer un collage, elaborar esculturas coa plastilina, debuxos libres, manualidades sinxelas...Velaquí tedes algunhas propostas.

 

 

Lembrade que nestes días o principal é, que como nenos e nenas que son, xoguen, descansen e gocen da vosa compañía, dándolles autonomía nas tarefas diarias.

Desexamos que isto se resolva o antes posible e que as medidas adoptadas sexan as máis acertadas e poder así regresar ás aulas con total normalidade.  Lembrade que o principal é seguir as indicacións que dende os medios de comunicación se transmiten continuamente.

Igualmente, subirei algunha actividade máis por se son do voso interese e estades faltos de ideas e diversión!!!

 

Para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en lidiacasalprieto@gmail.com ou lidiacasal@edu.xunta.es. Encantaríame ir recibindo noticias vosas e das vosas actividades, así podemos ir compartindo por aquí os traballos de todos e todas vós. Será como continuar xuntos Risa!!!!

ANÍMADEVOS!!!!



book | by Dr. Radut