Skip to Content

Leandro Lamas

Durante o mes de Outubro, tivemos a grande fortuna de recibir no cole ó pintor Naronés Leandro Lamas.

Por isto, e desde a biblioteca do centro, traballamos a figura deste artista, que ademáis de realizar impresionantes cadros, ilustrou varios contos e libros infantís. 

Así, e despois dun grande estudo da súa figura, Leandro realizou cos nenos/as un obradoiro de pintura, no que a través dunhas pautas sinxelas, realizaron un cadro do máis impresionante.

A verdade é que o pasamos moi ben con él e aprendimos un montón de cousas, incluídos os máis maiores.

Desde aquí queremos darlle a Leandro un milleiro de grazas e esperamos que volvas a visitarnos moi pronto.

  
                                             



book | by Dr. Radut