Skip to Content

AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

 

Xa se poden solicitar as axudas de libros e material escolar para o vindeiro curso 2021/2022.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos, a través da aplicación “FONDOLIBROS” ou a través da sede electrónica como procedemento ED330B. Tamén pode solicitarse no centro (por mor da pandemia, se alguén quere a solicitude en versión de papel, pode solicitala a través do correo electrónico do centro, por teléfono ou a través de abalar) ou descargarse neste enlace.

Asemade, para entregar os formularios en versión de papel no centro haberá que solicitar cita previa a través dos medios citados anteriormente (teléfono, abalar ou correo electrónico do centro).

 

-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 21 DE MAIO AO 22 DE XUÑO DE 2021.

 

O alumnado de 5º e 6º de EP non deberá solicitar axuda para os libros de texto xa que contará cos libros en versión dixital, dado que centro foi admitido no proxecto E-dixgal. Si poderá solicitar a axuda para o material.



book | by Dr. Radut