Skip to Content

Blogues

Decembro de Lectura Trouleira

Este martes 12 de decembro celebrouse a terceira reunión do club de lectura infantil. 

CLUB DE INFANTIL, 1º E 2º


Leron o conto La familia de Basilia de Gracia Iglesias Lodares, un conto sobre o valor do Nadal e das persoas especiais na nosa vida. Como manualidade fixeron uns preciosos copos de neve de papel. 

CLUB DE INFANTIL DE 3º DE PRIMARIA

Comentaron a súa anterior lectura e presentaron a nova, que será Llegó del mar de Carlos Puerto. En canto a anterior lectura, polo xeral gustoulles bastante, especialmente o final, que lles pareceu moi divertido. 

CLUB DE 4º, 5º Y 6º

Comentaron la Reina de las Nieves, relato que non tivo moito éxito. Din que prefiren ler novelas e non relatos, que aínda que a lectura lles pareceu sinxela, aínda que a algunha das nenas si que lles gustou por ser de xénero fantasía. Supoñemos entón que si disfrutarán da seguinte, que é unha novela sobre unha aventura intergaláctica!

Lectura Trouleira Nais: Decembro e a visita de Belen Moreno

O pasado luns tivemos reunión do club de lectura e veu cargadiña, cunha visita moi especial. 

Belen Moreno, a autora do libro deste mes: "La habitación de atrás", tivo o fermoso xesto de vir visitarnos desde Segovia , e pasar con nos toda a sesión, falando do seu libro e compartindo un café con nos. 

O libro tivo moi boa acollida por parte das participantes, ten un pouquiño de misterio e temática relacionada coa violencia de xénero. A autora falounos moitos sobre isto, analizando un pouco aos diferentes personaxes masculinos, xa que todos eles representan dalgunha forma un tipo diferente de maltrato, representando diferentes realidades, que, non sendo as habituais ou máis visibles, tamén supoñen violencia hacia a muller. "Cuando se cierra la puerta de una casa, no sabemos lo que pasa dentro, por desgracia a veces deberíamos entrar en las casas y avergiüar qué es lo que pasa". 

Belén que é de Madrid vive en Segovia, e falounos moito de San Rafael e da casa que inspirou a portada do libro, tamén contestou moito das nosas preguntas. 

Foi unha reunión do máis agradable e estamos moi agradecidas por esta experiencia. 

GRACIAS POR TODO BELÉN, VOLVE SEMPRE QUE QUIERAS!

 

Lectura Trouleira Infantil chega de novo

 O pasado martes 10 comezaron os clubs de Lectura Trouleira do alumnado do noso centro. Estes tres clubs, nos que poderá participar todo o alumnado do centro, realizaránse unha vez ao mes, os martes, en horario de 15:30 a 16:30. 

CLUB INFANTIL, 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Neste club os máis pequenos do centro farán lecturas e actividades para motivar aos primeiros lectores. Nesta primeira sesión, contaron o conto "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de Werner Holzwarth e despois elaboraron unhas toupiñas con masa de pan. 

toupiña 1

toupiña 2

CLUB DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Comezarán lendo diferentes tomos da colección "Los buscapistas" de T.Blanch. Nela seguimos a dous amigos: Pepa Pistas e Max Casos, nunha novela interactiva na que os/as lectores/as serán partícipes á hora de resolver diferentes misterios. 

buscapistas

 

CLUB DE 4º,5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A primeira lectura será "Dúas bágoas por Máquina" da autora Fina Casalderrey, escritora de numerosísimas novelas infantís en lingua galega. Na historia seguiemos a desaparición e búsqueda de Máquina, un canciño moi querido pola súa dona. É un libro que relata o incríble vínculo que se xera entre os nenos e nenas e os seus animais. 

duasbagoas

Coma sempre, as nosas reunións veñen acompañadas de leite con cacao e un biscoito doce, que os nenos e nenas desfrutan moito mentras comparten estas experiencias. Temos xa moitas gañas de que chegue o seguinte. 

 

As nais trouleiras reúnense de novo: La chica salvaje

Benvidas e benvidos un curso máis ao noso club de Lectura Trouleira. 

O pasado luns 2 de Outubro nais, mestras e outras convidadas reunímonos para inaugurar esta nova edición do club de lectura 2023-2024. Este ano contamos con novas incorporacións á plantilla, tanto de nais, como de mestras e achegadas. Xa sabedes que este é un espazo aberto e calquera será ben recibido (sempre que se comprometa a traer a merendola cando lle toque). 

Por petición popular estas nais levaron deberes para verán. A lectura estival foi La chica salvaje da autora Delia Owens. Coma sempre, co café e o biscoito servido, puxémonos a comentar a reunión, e coma sempre, houbo opinións moi diversas (xa que seguimos tendo a Sonia e a Raquel dispostas a falar con total sinceridade Guay). 

La chica salvaje nos presenta a Kya, unha nena que aprende a sobrevivir soa na marisma, aislada da sociedade e en estreito contacto coa natureza. É unha fermosísima novela na que seguiremos os pasos desta nena ata a súa idade adulta (co misterio presente de ter sido acusada de asasinato). Non é só unha novela de misterio, senón que fai unha importante reflexión sobre a vida, a soidade, a paixón a resilencia, e cunha narración que te permite verte envolta nesas paisaxes naturais propias da marisma. Sen dúbida, unha lectura lixeira e moi recomendable. 

En canto a si a lectura gustou ou non, desta vez houbo bastante consenso (vamos, que acertamos). Aínda que coma sempre a diversión ven nas pequenas cousas, tivemos moito que debater sobre como nos fixo sentir a narración e as diferentes personaxes. Un das cousas máis debatidas foi o abandono que sufriu Kya por parte de, primeiro a súa nai e despois dos seus irmáns, coincidindo case todas en que pese a crueldade da situación, terminaron por entender as decisións que tomaron estas personaxes. 

Ademáis, este ano decidimos incorporar unha batería de preguntas que iremos facendo nas diferentes sesións para saír un pouco dos comentarios típicos. Polo cal a partir de agora as participantes terán que vir moi preparadas para ser quen de contestar as cuestións sorpresa Inocente

Desta vez, tocou dicir se atopamos algún parecido nalgunha das personaxes con persoas da vida real. A respota foi case unánime, xa que para as participantes as personaxes presentadas foron bastante novidosas (especialmente a protagonista). 

A segunda pregunta foi con quen nos identificábamos (ou a quen nos gustaría parecernos), e aquí houbo maior diversidade de respostas. Algunhas por exemplo contestaron que Tate (o amigo-amor da protagonista) ou Jumpin e a súa familia; por ser personaxes altruistas que non dubidaron en ofrecer axuda a Kya cando o precisaba. Outras responderon que lles gustaría parecerse a Kya, que é unha muller independente e cunha gran fortaleza. 

Unha vez finalizado o debate, Araceli presentou a nosa primeira lectura do curso. Este ano decidimos continuar lendo literatura escrita por mulleres, e queremos tamén ampliar os xéneros. Por iso comezaremos cun ensario, concretamente Unha habitación propia de Virginia Wolf (Na presentación adxunta podedes ver a información sobre a autora e o libro). Este ensaio recolle as reflexións da autora cando lle piden que prepare unhas conferencias para falar das mulleres e a literatura. 

Na próxima reunión esperamos escoitar que tivo boa acollida este novo reto.

Coma sempre animávosvos a ler, xa que non existe mellor forma de inculcar este hábito aos nosos nenos e nenas que o feito de que nos vexan a nós facelo.

Distribuir contido


by Dr. Radut