Skip to Content

biblioteca

CONCURSO LITERARIO DE RELATOS CURTOS 2020-21

O día 22 de xuño tivo lugar a entrega de premios aos participantes no VI concurso literario de relatos curtos. As premiadas este ano foron:

1º premio: Noa Domínguez Antelo de 4º de primaria, por "A Natureza"

2º premio: Antía Vilariño López de 3º de primaria, por "Nai Natureza"

3º premio: Paula Danis Domínguez de 4º de primaria, por "A vida dos gandeiros"

Noraboa ás premiadas e o noso agradecemento ao alumnado participante!!

 

   

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2021

Presentamos as nosas recomendación lectoras para o verán 2021. Se non podes abrila, pincha no documento adxunto.

Bó verán!

 

POÑEMOS A NOSA HORTA

O alumnado do Centro puxemos a nosa horta, que levaba tempo abandonada.

O alumnado de Ed. Infantil animouse coas leitugas, o alumnado de 1º e 2º usaron un carriño moi xeitoso e os maiores cultivamos leitugas, tomates e pementos.

Procuramos que todo fose o máis ecolóxico posible, usamos compost para abonar a horta, e sen pesticidas nin herbicidas, usamos unha cuberta transpirable para evitar que aparecesen as malas herbas.

Gustounos moito atendela, e ben seguro que repetiremos esta grande experiencia.

  

   

  

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

O pasado día 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión e tendo en conta que estabamos a crear conciencia medioambiental celebrámolo coñecendo e lembrando a aquelas mulleres que tiveron un papel relevante tanto na defensa da natureza coma na conservación do medio ambiente: Dian Fossey, Jane Goodall, Greta Thunberg,...

Fixémolo a nivel aula coa elaboración de pequenos murais, biografías e tamén utilizando a impresora 3D, onde imprimimos uns medallóns alusivos a estas grandes mulleres e outros co gallo do Día de Rosalía de Castro.

             

              

24F DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Como vén sendo xa unha costume, o pasado 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro.

Nesta ocasión fixemos un percorrido pola súa vida e obra facendo actividades adaptadas para cada curso.

Para rematar cantamos un dos seus poemas musicado por UXÍA: "Has de cantar"

 

 

PROTOCOLO COVID 19 PARA A BIBLIOTECA ESCOLAR

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Ou tamén podes pinchar neste enlace. Un saúdo! 

 

 

"PROGRAMANDO AO TEU COLEGA"

Hola comunidade escolar do CEIP Baíñas!!

Como sabedes chegaron os "Escornabots" ao centro!! E xa comezaron a facer das súas!!

O alumnado está a realizar actividades previas para entender a linguaxe destes novos membros da nosa comunidade: Os "Escornabots"!

Aprendendo a comunicarse con eles, mediante a linguaxe de programación. 

Por esta razón, un/unha alumno/a adoptou a personalidade robótica, mentres que o resto do grupo programábao para que se desprazase con coherencia  polas colchonetas da aula de psicomotricidade. Estas facían as veces de cuadrículas do panel no que, normalmente, se desprazan os escornabots cando elaboramos as actividades.

A modo de exemplo podedes ver unha primeira experiencia do alumnado de 5º de primaria.

 

 

                                                                                                   

Saúdos creativos!!

OS "ESCORNAHÓRREOS": UNHA ACTIVIDADE COS "ESCORNABOTS"

Hola a toda a comunidade do CEIP Baíñas:

Presentámosvos unha actividade que fixemos co alumnado de 4ºe 5º de primaria: Os "Escornahórreos".

Consiste en realizar un percorrido polos hórreos de Galicia, de España e tamén do mundo, para recoller información dobre éles, sobre as súas características, partes, tipos, estilos, materiais,...

Un traballo onde aprenderemos moito sobre este tema, e tamén a utilizar os "escornabots". Está relacionado moi especialmente co tema do proxecto de biblioteca deste curso: "Tralas pegadas da historia e do noso patrimonio II"

Usamos as "tablets" para descubrir a infomación que gardaban os códigos QR que aparecían nas tarxetas.

Aquí tendes un enlace aos materiais empregados para realizar esta actividade. E tamén presentamos un vídeo de cómo se desenvolveu.

 

 

                                                                                         

Saúdos escornabóticos!! 

"NIN UNHA MENOS". 25N : O CEIP BAÍÑAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Os que formamos o CEIP Baíñas querémonos sumar a todos aqueles que estamos

EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, nesta data do 25 de novembro.

Participamos con estes vídeos sobre a canción "LO MALO" de Aitana e Ana guerra.

Ademais, todos enviamos a nosa mensaxe en contra desta violencia facendo un pin e un mural co lema:

"NIN UNHA MENOS". 

 

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut