Skip to Content

Actividades

SEMENTEIRAS 2024

Dende o colexio de arquitectos de Galicia, a través do Proxecto Terra realizamos unha serie de obradoiros para o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Ed. Primaria o pasado 18 de abril. Con este proxecto tratan de fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro.

Para iso realizaron un Scaperoom que nos encantou.

IX CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO 2024

Convócase o IX Concurso Literario de relato curto do CEIP Baíñas 2024

 

MARZO: MES DA POESÍA

Durante o mes de marzo preparamos unhas lecturas compartidas de poesía

Foron poemas de Manuel María, especialmente do seu libro "Soños na gaiola". Todos teñen temáticas sobre a nosa contorna máis próxima: Paisaxe, natureza, Galicia, animais ou obxectos cotidianos.

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Durante a primeira semana de marzo, e aproveitando o gallo do 8 de marzo, recibimos a visita de nais, avoas e mulleres da nosa vila que nos ensinaron o que valen e compartimos con elas numerosas actividades:

Lucía: Obradoiros de robótica e programación, Obradoiros de Ioga a cargo de Miriam, e tamén de palillo das nosas palilleiras:  

Unha grande experiencia!!Temos que repetila!! .

Enfocada tamén no coñecemento da nosa contorna e no proxecto: Baíñas ten futuro!!

VIVAN AS NOSAS MULLERES!! 

23 DE FEBREIRO DE 2024: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, lendo algúns dos seus poemas e decorando con murais o noso Centro.

Viva a nosa Rosalía por Sempre!!

ENTROIDO 2024

O Venres 9 de febreiro celebramos o noso "Entroido Choqueiro". E, coma sempre, ao remate degustamos os doces típicos destas datas.

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Para conmemorar este ano o Día da Paz lanzamos as nosas mensaxes ao ár cun diseño de aspas!

Foi moi bonito e divertido!

Logo, aproveitando que conmemorábamos os 250 anos do estreno da Novena Sinfonía de Beethoven

Interpretamos o Himno á alegría coa letra de Miguel Ríos!

Por un mundo sen guerras! Por un mundo con PAZ!

 

PROGRAMA XOGADE CURSO 2023-24

Outro curso máis apostamos por manternos sans participando no programa XOGADE onde se fomenta o deporte e os hábitos saudables.

A primeira carreira foi en Cee o 19 de xaneiro e os que se clasificaron participaron tamén na fase intercomarcal en Noia o 27 de febreiro.

Parabén aos nosos campións e campionas, e tamén a todos/as os/as participantes.

Hai que mover o esquelete raparigos!!

OBRADOIROS DE ED. AMBIENTAL

18 de xaneiro tivemos uns obradoiros de Ed.ambiental a cargo dos educadores da empresa NATURGY.

Estiveron dirixidos a Educación Infantil e a Primaria. 

Desenvolvemos actividades moi "chulas": Robótica, pintura fluorescente,... e todas enfocadas a protexer o medioambiente e ao aforro enerxético.

Pasámolo PIPA! 

 

 

SAÍDA A SANTIAGO: REPRESENTACIÓN NO AUDITORIO E NOVA JUMP

O 30 de novembro de 2023 tivemos a nosa primeira excursión do curso á capital de Galicia, para asistir, no auditorio a unha función a cargo da orquestra sinfónica: "Pucinella"

E a continuación pasámolo fenomenal nas camas elásticas de "Nova Jump". Outro gran día no que disfrutamos un montón!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut